Ana Pontón responde a ENCE que plantar máis eucaliptos non resolve o problema dos incendios
Para a portavoz do BNG, a pasteira ENCE tenta convencernos que o eucalipto é o mellor sistema contra os incendios, con esta teoría, ironizou, teríamos que comezar a valorar arrincar as poucas hectáreas autóctonas e plantar masivamente eucalipto nitens para converter Galiza nun grande eucaliptal que siga beneficiando os intereses de ENCE
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón cualifica de “entenrecedor” que a pasteira ENCE tente convencernos que o eucalipto é a mellor medida contra os incendios. Con esta teoría, “teríamos que comezar a valorar se en Galiza nos compensaría arrincar as escasas hectáreas de bosque autóctono galego e plantar de maneira masiva eucaliptos nitens”, ironizou a nacionalista.
Ante a realidade dos incendios, a líder do BNG pide seriedade e unha nova política forestal polo que volveu a “tender a man a Núñez Feijóo” para materializar “un pacto de país” que defenda o monte galego e manteña un rural vivo.
Furor sancionador de Ángeles Vázquez
Para a portavoz do BNG, a consellería de Medio Rural, Ángeles Vázquez debe canalizar “o furor sancionador contra os concellos e particulares” no cumprimento dos deberes da Xunta de Galiza e non seguir mirando para outro lado. Nestes sentido, Pontón denunciou que mentres a concesionaria da AP 9 “fai caixa” diariamente coas peaxes que pagan todos e todas as galegas, a empresa “ incumpre a lei e aquí non pasa nada”. A Xunta, engadiu, debe recoñecer que se AP 9 non cumpre coas as franxas de protección debe requirir o seu cumprimento como establece a lei e iniciar un “expediente sancionador”. Se a Xunta non empeza a tomar medidas neste asunto, evidenciase que a “forza do goberno váiselles pola boca”. Galiza, recalcou a portavoz do BNG, necesita tomar moi en serio as consecuencias dos incendios forestais pero tamén as oportunidades que se están a perder pola “ política fracasada do Partido popular” que non está a aproveitar o grande potencial do monte galego e a súa posta en valor.