Ana Pontón: “O PP ampara a corrupción da Valedora do Pobo”
Cualifica de “bochornosa” a Xunta de portavoces extraordinaria convocada minutos antes do inicio da sesión plenaria e pide a celebración dun pleno extraordinario para votar o cese da Valedora
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón cualifica de “bochornosa” a Xunta extraordinaria, convocada minutos antes da celebración da sesión plenaria para tratar o procedemento do cese da Valedora do Pobo, Milagros Otero, condenada polo Tribunal Superior de Xustiza e o Tribunal Supremo por “desvío de poder” na contratación da irmán do portavoz parlamentario do Partido popular, Pedro Puy, cese que o Partido popular quere seguir dilatando. Trala Xunta de portavoces, a portavoz nacionalista denunciou que “o PP ampara a corrupción da Valedora do Pobo”.
O BNG e En Marea solicitaron o cese inmediato de Otero pero o PP “quere dilatar este procedemento” ata que se emita un informe, mesmo, cambiando as normas do procedemento, explicou a portavoz nacionalista.
O BNG solicitará, cos tres grupos, a celebración dun pleno extraordinario para votar o cese dunha Valedora, “condenada por un caso grave caso de enchufismo e que non pode seguir un minuto máis ao fronte dunha institución pública que pagamos cos impostos todos os galegos e galegas”.
Non podemos tolerar, manifestou Pontón , que unha persoa que actúa con “nepotismo e enchufismo” continúe cobrando e facendo danando ás institucións. A Valedora do Pobo non pode continuar nun cargo que a abriga a velar pola limpeza do funcionamento da administración pública. O grave deste asunto, engadiu é que “ten o amparo do Partido popular”
Por decencia e respecto aos galegos e galegas, o lóxico sería acabar hoxe mesmo con esta agonía impresentable en termos políticos, concluíu.