Galegas 2016

Ana Pontón: "Pido o voto das persoas que confían no país para construír unha Galiza de oportunidades"

Peche de campaña en Vigo
  • Apela @s indecisas, “votásedes o que votásedes no pasado”, para derrotar a Feijóo e mudar o país “gris” que nos lega por outro “vivo” con emprego, dereitos sociais e igualdade
  • “Somos un pobo que temos todo por ganar se creemos en nós”, proclama

A candidata á Presidencia, Ana Pontón, pediu o apoio ao BNG o 25S a todas as persoas que queiran deixar atrás a “Galiza triste e gris” de Feijóo e construír unha “Galiza viva e de oportunidades” na que vivir e traballar con dignidade. “Somos un pobo que ten todo por gañar, pero temos que crérnolo, temos que confiar no país, confiar nas nosas propia forzas”, proclamou, para pedir o voto ao Bloque por ser precisamente a candidatura que confía en Galiza.

vigoweb2Así, explicou, “calquera sabe que na súa vida para saír adiante precisa confiar en si mesmo, e nós, colectivamente, tamén necesitamos confiar no que somos capaces de facer como pobo”. Para iso está a ferramenta do BNG, a opción “para avanzar, para progresar” dando paso a un país “con dereitos, con oportunidades, unha Galiza da igualdade onde se acabe coa precariedade e onde a xente teña futuro”,subliñou.

Pontón fixo unha última apelación tamén aos electores e electoras indecisas.

“Sei que hai moitas persoas que neste momento están dubidando que facer o próximo domingo, mesmo se ir votar. Pídolles a súa confianza, -votasen o que votasen no pasado- porque o BNG ten un proxecto para que saiamos adiante coas nosas propias forzas”, tras comprometerse “a dar todo o mellor de min para que a partir do 25S abramos ese tempo novo no que teñamos motivos para sorrir”.

Pontón animou a encher as urnas de votos ao BNG para derrotar a Feijóo, porque esa papeleta representa ás persoas “que queremos unha Galiza con igualdade, sen desemprego, sen corrupción, sen gobernos entregados aos intereses das grandes empresas, un goberno ao servizo deste país e da súa xente”, subliñou.

A candidata recalcou que é posible abrir un tempo novo con emprego, dereitos sociais e igualdade, e facelo desde a ilusión e desde a confianza. “Feijóo xa é pasado e o futuro imos escribilo desde nós”, aproveitando o potencial dos nosos sectores produtivos e ecursos para xerar emprego, con propostas por frear a sangría da emigración e traerde volta a xente moza, por unha Galiza que blinde os servizos públicose o benestar social apostando por ir máis aló dun mero cambio de caras para exercer un poder político real.

EfectoPontón

O BNG está convencido de que se traducirá en votos o apoio crecente xerado ao longo dunha campaña de propostas e en positivo que xerouunha “onda de simpatía” capaz de xerar ilusión arredor da candidatura nacionalista, no que o BNG denomina #EfectoPontón, en particular tras o debate con Feijóo que evidenciou a solvencia e a coherencia do proxecto que lidera Ana Pontón para pasar a páxina de oito anos de políticas de dereita do PP.

A candidata á Presidencia pechou campaña en Vigo xunto ao cabeza de lista por Pontevedra, Luís Bará, e Montse Prado, Marta Dacosta e Alberte Mera tamen integrantes da candidatura, nun acto que congregou a centos de persoas no Auditorio Mar de Vigo.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG