Ana Pontón pide un voto masivo para o BNG desde a ilusión e o orgullo do noso para lograr un grupo galego forte en Madrid
“Non é momento de votar por medo nin polo mal menor, senón de coller con ganas a papeleta BNG para defender Galiza e frear ao PP”, proclama
Carme da Silva: “Toca ser decisivos para condicionar a política estatal a favor da maioría social deste País e acabar coa discriminación”
A portavoz nacional, Ana Pontón, pediu aos gCondicionar a favor da maioríaalegos e galegas que acudan a votar o domingo masivamente “con ilusión, con ganas e con orgullo do noso” para encher as urnas de votos BNG e darlle a Galiza un grupo galego forte que a defenda en Madrid e que sexa decisivo na conformación do próximo Goberno do Estado.
Neste sentido, salientou que “ningún voto rebelde e de País pode quedar na casa este 23 de xullo, hai que encher as urnas de votos BNG sabendo que non imos fallar nin defensa de Galiza nin na defensa dos dereitos e liberdades, parándolle os pés ao PP de Feijóo cada vez máis ultra que vai de ganchete coa extrema dereita antigalega”, proclamou no mitin de Vigo, xunto coa cabeza de candidatura por Pontevedra, Carme da Silva.
Apelou deste xeito á cidadanía galega a activarse o 23X para facer posible un grupo forte orgullosamente galego, fronte a unhas forzas estatais, “todas e cada unha, que levan anos alternándose na discriminación a este País en función de quen sente na Moncloa, e que din unha cousa aquí e a contraria en Madrid”. As forzas que, ironizou, veñen en campaña a dar leccións sobre que é o voto útil cando na pasada lexislatura “un só deputado do BNG foi máis útil para mellorar a vida dos galegos e das galegas que os 22 restantes”.
Subliñou, neste sentido, que a verdadeira alternativa a Feijóo en Galiza é o BNG, que lle está disputando escanos ao PP nas catro provincias, de aí o chamamento a unificar o “voto rebelde, inconformista e de País” na papeleta nacionalista, porque “cada escano máis do Bloque é un menos para Feijóo”.
“Non é momento de votar por medo nin polo mal menor, senón de coller con esperanza, con orgullo e con ganas a papeleta BNG sabendo que esa papeleta vale dobre: para defender Galiza e para frear ao PP”, insistiu a portavoz nacional. “Que non nos confundan os contos das forzas centralistas, que só ven en Galiza un caladoiro de votos”, advertiu.
Subliñou ademais que o BNG foi a máis ao longo desta campaña, mobilizando un maior número de persoas nos actos e como demostran tamén os datos internos que manexa a organización, datos que indican que a formación que lidera está disputándolle escanos ao PP nas catro provincias. “Conseguir un grupo galego forte é posible, claro que si e témolo ao alcance da man”, sostivo Pontón no mitin de Vigo.
Para conseguilo, basta con que a cidadanía que xa votou BNG nos útlimos comicios renove a súa confianza este domingo. “Co resultado das galegas teremos grupo galego forte e co resultado das municipais teremos grupo galego forte este 23 de xullo, fagámolo posible”, apelou.
Pontón concluíu facendo un chamamento á xente moza para que se mobilice, “que encha as urnas de rebeldía e de orgullo para defender unha Galiza na que poidan ter futuro, unha Galiza verde que loita contra o cambio climático, diversa, plural, inclusiva. A toda esa xente moza que quere vivir nunha Galiza mellor, nun planeta mellor, confiade no BNG este 23 de xullo é a do BNG”.
Condicionar a favor da maioría
A cabeza de cartel por Pontevedra, Carme da Silva, comezou o seu discurso advertindo das consecuencias que teñen as decisións que se toman en Madrid para un País que, lembrou, ten as segundas pensións máis baixas do Estado, está no furgón de cola das infraestruturas e ao que queren impoñer “os custes sociais e ambientais do espolio eólico do noso montes e do noso mar”.
“O 23 de xullo xogámonos que estas decisións económicas, enerxéticas e fiscais se tomen tendo en conta os intereses dos galegos e das galegas”, insistiu, salientando que nos últimos catro anos demostrouse a utilidade da presenza do BNG no Congreso porque cun só deputado “conseguimos logros históricos”, como a rebaixa das peaxes da AP-9.
“Agora toca sermos decisivos. Queremos condicionar, en favor de Galiza, a política do Estado”, asegurou, destacando que “máis BNG é garantía de menos dereita. E máis BNG é garantía de máis investimentos, mellores infraestruturas, máis recursos para Galiza”, dixo.
Da Silva animou ao voto ao BNG para plantarlle cara a un Feijóo que “ten moita cara” ao dicir en plena campaña que á xente só lle preocupa ter o médico cerca e que os fillos e fillas non teñan que marchar para traballar, o mesmo candidato do PP que suprimiu médicos nos centros de saúde na nosa terra e que provocou a emigración de 200.000 mozos e mozas aos que só ofrecía paro e emigración. “O voto ao BNG valer para frear ese PP de Feijóo e para defender ante o Estado unha Galiza con futuro”, concluíu.