Ana Pontón pide o apoio para á candidatura do BNG en Ribadavia que encabeza Maite Rodríguez

Ribadavia

A portavoz nacional, Ana Pontón, desprazouse até Ribadavia na última xornada de campaña para pedir o apoio á candidatura do BNG neste concello, corazón da comarca do Ribeiro, que encabeza Maite Rodríguez.

Pontón salientou que o Bloque demostra nos concellos da provincia nos que goberna que se pode facer política municipal a favor da veciñanza, mellorando a calidade de vida das persoas, cun modelo de éxito demostrado, que en Ourense ten en Allariz o exemplo máis emblemático do bo facer do BNG, da súa capacidade de transformación en beneficio das persoas, construíndo concellos dinámicos no económico, no social e no cultural.

Para trasladar tamén ese modelo municipal a Ribadavia, Pontón pediu o voto para o BNG este 26M.