Ana Pontón ofrece un BNG con proxecto, entusiasmo e optimismo para construír unha Galiza dende os concellos
Pontón ofrece un BNG con proxecto, entusiasmo e optimismo para construír unha Galiza dende os concellos
Afirma que os gobernos de éxito do BNG son o mellor aval e exemplo de como facer avanzar unha cidade, unha vila ou un concello rural a ritmo rápido e en positivo
O BNG recalcou a líder nacionalista, ofrece un "proxecto con entusiasmo e optimismo para contruír unha Galiza dende os concellos". Estou sergura, dixo que os veciños e veciñas de Ferrol darán a súa confianza ás ideas claras e con coherencia na defensa de Ferrol que representa Ivan Rivas, "o futuro alcalde de Ferrol" e por iso vai recibir o apoio necesario, porque Iván non se prega aos ventos que sopren de Madrid e non ten máis obxectivo que facer que Ferrol avance.
Dicía Einstein que se queremos resultados diferentes hai que facer algo diferente. Os candidatos das outras forzas políticas xa tiveron o bastón de mando e Ferrol sigue retrocedendo en lugar de progresar. Así que este 28M pídolle á veciñanza que opte por algo diferente, que aposte polo proxecto, polo equipo e polo liderado que Rivas ofrece a esta cidade da man do BNG.
Das franquías estatais xa sabemos o que podemos esperar, "son dúas caras da mesma discriminación con Ferrol". Din unha cousa cando están na oposición e fan a contraria cando chegan ao goberno. O do sector naval é un exemplo de libro. É lamentable como se intercambian os papeis con total descaro e sen poñerse colorados.
Pontón recalcou que Ferrol está moi cansa de promesas incumpridas, cansa de discriminación, cansa de incompetencia política, non quere outra vez as mesmas receitas fracasadas do PP e do PSOE, e tampouco quere máis decepción.
"O BNG representa a única opción de cambio real para este concello, porque temos un gran candidato e un proxecto serio, solvente, e coa man tendida para transformar esta cidade en positivo, a favor sempre das persoas".
Pontón reiterou que Iván Rivas "é o alcalde que Ferrol necesita" para abrir un novo rumbo nesta cidade e mirar cara o futuro con ilusión. Outro Ferrol é posible e queremos empezar a construílo a partir do 28M.
A portavoz do BNG lembrou que o BNG ofrece un modelo municipal de éxito, que funciona, "como demostramos nas vilas e cidades que lideramos desde os gobernos municipais".
Neste sentido, afirmou que donde goberna o BNG, "transformamos, construímos concellos con calidade de vida, rentabilizamos cada euro, son exemplos de democracia participativa, concellos feministas que apostan pola igualdade, sustentables e con honestidade".
Os gobernos do BNG sitúan ás persoas no centro da política municipal
Onde gobernamos,dixo, aplicamos política social, un urbanismo para as persoas, fomentamos o orgullo polo noso, pola nosa lingua e cultura. Conseguimos vilas e cidades con dinamismo económico, social e cultural. En Ferrol "temos proxecto, temos equipo e temos un candidato con liderado que coñece moi ben esta cidade, os seus problemas e as solucións".
Iván ten a coraxe para facer o que outros nin souberon, nin se atreveron, coraxe para colocar o concello ao servizo da veciñanza de Ferrol.
Na súa intervención, Pontón aurgurou que o BNG será determinante para darlle a Ferrol o cambio real que precisa, para abrir un tempo novo nesta cidade, devolverlle a ilusión, esperanza no futuro, porque outro Ferrol e posible da man do BNG con proxecto, con equipo e co liderado de Iván Rivas como próximo alcalde.
Gobernos do BNG, modelos de política municipal de calidade e prestixio.
Estou convencida que imos ter un gran resultado electoral este 28M porque a corrente de simpatía cara o BNG non deixa de medrar e porque temos un modelo municipal de éxito que o mellor aval para pedir o apoio da cidadanía. Un modelo de calidade e con prestixio que ten dúas claves.
A primeira é que no BNG pensamos Galiza e os nosos concellos en grande. En todos e cada un dos concellos onde goberna o BNG non lles puxeron límites aos seus soños, soñaron con levalos á práctica e foron quen de facelos realidade. Fixérono superando todas as trabas, esa ladaíña do aquí non se pode, do non hai nada que facer que tanto predican as forzas estatais, tanto a dereita acomplexada como esa esquerda cegada por Madrid.
E a segunda razón de porque os concellos BNG é porque o BNG ten algo que ninguén máis ten. "Temos a nosa cabeza e corazón en Galiza, temos amor e confianza plena en Galiza. Amor por Galiza, amor polos nosos concellos, e confianza no pobo galego nas inmensas posibilidades e potencialidades que temos.. E aí están os feitos", recalcou.
O BNG representa o entusiasmo, a vitalidade, o empuxe, o optimismo que tanto necesita Galiza e a sociedade galega.
"Temos que pensar Galiza en grande, temos que pensar os nosos concellos en grande"
O meu soño, dixo a líder do BNG, é facer realidade esa "Galiza en grande" como xa facemos nos concellos onde gobernamos. Teño a esperanza e o convencemento de que está máis cerca que nunca facer ese soño realidade e abrir unha nova etapa na que os galegos e galegas miren ao futuro con tranquilidade e esperanza.
Unha Galiza grande na sanidade.
Fronte a un PP convertido nun perigo para a saúde dos galegos e das galegas, "quero construír unha Galiza cunha sanidade forte e libre de recortes".
Quero devolverlle á sanidade pública o que se merece. Reverter o recorte de 2.339 millóns de euros que o PP fixo en atención primaria.
Como non vai haber listas de espera para ir ao centro de saúde?
Como non vai haber miles de nenos e nenas sen pediatra asinado?
Como non vai haber PACs sen médicos? Urxe reveter esta situación porque
a saúde é o máis importante e por iso o nosos compromiso vai ser a sanidade pública, sanidade pública, sanidade pública SEMPRE!
Quero unha Galiza grande que aproveite a súa riqueza.
Fronte a un PP e a un PSOE que apoian e amparan o espolio eólico por terra e agora tamén por mar, o modelo de País que quero liderar colocará a riqueza eléctrica de Galiza a favor de Galiza.
Porque claro que queremos unha transición enerxética, explicou Pontón pero queremos que sexa xusta e democrática, que beneficie á maioría social pero o PP goberna para o lobby eléctrico. Acordádesvos da foto de Feijóo abrazado ao presidente de Iberdrola na súa toma de posesión como presidente da Xunta?
É toda unha declaración politica, "dime a quen te abrazas e direche para quen gobernas"!
A verdade é que o álbum de fotos de Feijóo é para enmarcar! ironizou.
Agora andan en Madrid decaídos e decepcionados con Feijóo. Debían pensar que con el chegaba a Madrid un gran estadista, o prodixio dos Peares!
Pero chegou Feijóo: ese que cala ante a cachada de Baltar conducindo a 215 quilómetros hora un coche oficial o domingo. E seguro que moitos e moitas de vos estades preguntando por que tiña tanta presa o Presidende do PP de Ourense por chegar a Madrid un domingo? e tamén vos preguntaredes que medo teñen ou que agochan Feijóo e Rueda que non din nin pio sobre asunto.
O que está claro é que o "reposto" que nos deixou Feijóo non é capaz de dirixir e de poñer orde o seu propio partido, así que moito menos pode dirixir Galiza.
Desde que o puxeron leva facendo oposición ao BNG e a min como portavoz do BNG porque que sabe perfectamente que a oposición será o lugar que ocupe cando os galegos e as galegas poidan opinar nas urnas e facer historia cunha muller como presidenta de Galiza.
Unha Galiza en grande para a mocidade
Pontón apelou a construír unha Galiza en grande para a mocidade, para acabar dunha vez por todas coa sangría da emigración. Poñer o País a producir, para xerar riqueza e emprego e darlle a xente nova traballos dignos que lle permitan desenvolve os seus proxectos de vida aquí, en Ferrol, ou en calquera outro concello do País.
"Sei que esa Galiza en grande é posible e quero facela realidade", e esa Galiza en grande vai empezar a construírse concello a concello, a partir do 28M.
O 28M eliximos ás persoas que nos van representar nos concellos
A portavoz nacional do BNG pediu aos veciños e veciñas de Ferrol que non permitan as forza estatais que utilicen os nosos concellos como partido previo da liga estatal repetindo en Glaiza os seus pim-pam-pums madrileños.
"O 28M non vai de Feijóo nin de Sánchez, vai dos veciños e da veciñas elixindo aos seus alcaldes e alcaldesas".Dende o BNG imos a por todas, sen límites para gañar un futuro mellor para Galiza, esa Galiza que queremos empezar a construír, "concello a concello".