Ana Pontón e Maite Ferreiro visitaron a adega de Regina Viarium na Ribeira Sacra
14 de abril de 2019 (12:34 h.)
Dende o BNG destacouse o potencial económico, a creación de emprego e a conservación das zonas rurais do sector do viño galego
“Esta paisaxe que é un dos máis importantes atractivos turísticos da comarca sur de Lugo sería imposible sen a viticultura” sinalou Maite Ferreiro
A portavoz nacional, Ana Pontón, e a candidata por Lugo ao Congreso, Maite Ferreiro, visitaron a adega Regina Viarium, no corazón da Ribeira Sacra de Lugo, onde destacaron o potencial económico, a creación de emprego e a conservación das zonas rurais. do sector do viño galego. Destacaron o traballo dunha importante adega do sector, como Regina Viarium, exemplo da capacidade produtiva de Galicia e da iniciativa dos produtores da Ribeira Sacra.