Ana Pontón: “O feminicidio de Valga, constata a falta de recursos e medios para loitar contra a violencia machista”
16 de setembro de 2019 (15:02 h.)
Pontón denunciou o “acubillo” de mensaxes dalgúns políticos que cuestionan a violencia machista e partidos da extrema dereita cos que está a pactar o Partido Popular
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón mostrou hoxe a súa “indignación” ante o feminicidio rexistrado no concello de Valga coa asasinado de tres mulleres. Estes feito, firmou Pontón, constata a “falta de recursos e medios para loitar contra a violencia machista” e reprobou o “acubillo” que reciben as mensaxes dalgúns políticos que cuestionan a violencia de xénero , partidos, dixo, “de extrema dereita cos que está a pactar o Partido popular”.
Pontón engadiu que ante a realidade patriarcal, non podemos tolerar a políticos e partidos que “branquean” a aqueles que poñen en entre dito a violencia contra as mulleres, polo que novamente fixo un chamamento para incrementar os medios e recursos e sumarse ás mobilización sociais convocadas polo feminismo galego. Ante un feito tan grave, recalcou, “a sociedade galega que defende a democracia, igualdade e os dereitos das mulleres” debe saír as rúas para deixar claro que “en Galiza non somos coniventes coa violencia machista”.