Ana Pontón: “Feixóo ten que escoitar o clamor social contra a bomba ambiental da mina de Touro-O Pino”
“Abandone a súa reflexión serena e escoite a rúa”, ironiza, convencida de que a mobilización logrará renovar o éxito que freou Corcoesto
A portavoz nacional, Ana Pontón, encabezou a participación do BNG na manifestación convocada pola Plataforma Mina Touro-O Pino, NON que congregou en Santiago a milleiros de persoas nunha causa común: Parar un proxecto de megaminería espoliadora e contaminante con consecuencias letais para os concellos afectados, en termos ambientais, económicos e sociais.
A dirixente do Bloque apelou ao custe ambiental que pon en risco o territorio, ao custe económico que pon en risco o emprego no medio rural non só nos concellos directamente implicados, -Touro e O Pino-, tamén os da comarca e ás rías de Arousa e Noia, xa que todos se verían afectados pola contaminación dos acuíferos e dos ríos, en particular do Ulla, poñendo en risco milleiros de empregos no sector da pesca e do marisqueiro.