Ana Pontón: "Feixóo debe explicar por que non freou o baleirado dos encoros, a pesar de ser informado polas propias eléctricas"
Na súa comparecencia ante os medios de comunicación, Pontón anunciou que que o BNG pedirá explicacións a Feixóo por non impedir o baleirado dos encoros, a pesar de estar informado polas propias eléctricas. Os goberno do estado e da Xunta, afirmou “son títeres das empresas eléctricas”. Feixóo “goberna para o looby eléctrico” e non é casual que o primeira persoa en felicitar a Feixóo e fundirse nun abrazo hai 12 anos, fora o Presidente de Iberdrola o mesmo ao que agora o Presidente da Xunta lle permite o baleirar os encoros.
Para Pontón resulta “unha tomadura de pelo” que Feixóo clame durante unha semana contra o baleirado dos encoros en Galiza cando estaba na súa man frealo coa lexislación galega de Medio Ambiente. As empresas eléctricas comunicaron a Feixóo o baleirado pero el “non moveu un dedo para impedilo”. Xa está ben de cinismo e sobre todo de “gobernar de ganchete coas eléctricas”. O presidente da Xunta debe explicar porque non actuou e o BNG vai exixir esas explicacións no Parlamento galego, concluíu.