Ana Pontón encabeza a candidatura da Executiva nacional do BNG aprobada, por unanimidade, no Consello Nacional
A candidatura, coa mesma equipa de dirección que logrou a remontada do BNG, será sometida á votación da militancia na XVII Asemblea Nacional e responde á premisa de “manter o que funciona”
Ensanchar a organización, avanzar nas eleccións municipais e xerais, fitos previos ao reto que se fixa o BNG para presidir o goberno de Galiza no 2024
A candidatura á Executiva Nacional do BNG, encabezada pola portavoz da forza nacionalista, Ana Pontón foi aprobada por unanimidade na reunión do Consello nacional, previo á celebración da XVII Asemblea na Coruña, onde será sometida á votación da militancia.
A candidatura que hoxe aprobamos, dixo a portavoz do BNG, parte dunha premisa básica: “manter o que funciona, aproveitar as persoas e as equipas que teñen mostrado capacidade e valía nos seus postos, tanto de xeito individual como colectivo e manter o groso dunha equipa de dirección que foi capaz de levar ao BNG, desde unha situación difícil e complexa ao mellor resultado electoral da súa historia, de tal xeito que hoxe, somos a segunda forza política do País en disposición de afrontar con éxito o reto de liderar o Goberno de Galiza”.
No ano 2016, lembrou a líder nacionalista, o BNG deu paso a “unha nova equipa para coller as rendas da organización, asumindo responsabilidades e conformando unha Executiva Nacional que mesturou con acerto a experiencia e a renovación, como demostran os resultados en termos electorais e sociais. Ese acerto é o que buscamos repetir coa candidatura que hoxe sae deste consello nacional que, en esencia, consolida unha equipa que demostrou a súa capacidade para levar ao BNG á maior cota de respaldo social da súa historia, nesa liña, indicou Pontón “queremos seguir traballando e sumar a máis galegos e galegas ao proxecto do Bloque para darlle a Galiza un futuro mellor”.
Na súa intervención, Pontón dedicou unha mención especial ao traballo e dedicación das catro persoas que saen, por decisión propia, da actual executiva nacional: Susana Camba, Duli Diniz, Xosé Manuel Marcote, e Xosé Emilio Vicente e tamén fixo unha mención expresa ás catro persoas que se incorporan: Lucía López, Breixo Lousada, Lois Pérez Castrillo e Manuel Lourenzo. “Sei que ides dar o mellor de vós para lograr todos os grandes retos que temos por diante como organización, que son moitos e moi ambiciosos. Como na anterior dirección, volvemos combinar xuventude e experiencia con estas incorporacións”, reiterou.
Unha candidatura para pilotar un novo ciclo político, no que temos a obriga de seguir interpretando acertadamente o momento social, neste sentido destacou que nas pasadas asembleas o BNG acertou no “discurso claro é actualizado, na aposta pola unidade e a coherencia dunha forza sería e solvente. Acertamos manténdonos firmes nos nosos principios que nos permitiron endereitar o rumbo do barco”.
XVII Asemblea Nacional
A Asemblea Nacional do 7N na Coruña pechará un ciclo do BNG e dará o pistoletazo de saída para “abrir un ciclo novo, cun gran obxectivo: liderar o Goberno de Galiza en 2024”, recalcou Pontón. Hoxe, dixo, o BNG é a segunda forza política do País e cada día suma máis apoios. Un resultado que ten detrás un traballo “intenso e inmenso da militancia”, -o principal valor da organización-, e resultado, ademais, dunha liña política que conseguiu conectar con miles de galegas e galegos.
Sen renunciar a ningún dos nosos principios, conseguimos situarnos como a alternativa ao PP, cun discurso claro e actualizado, centrado nas preocupacións da cidadanía e, ofrecendo alternativas e solucións aos problemas que impactan de cheo nas familias, na clase traballadora, nas persoas autónomas, na pequenas e medianas empresas.
Ese é o reto que temos por diante, tres anos para percorrer un camiño coa máxima entrega e ilusión. Un camiño que ten polo medio importantes fitos de cara “a esa meta final da Presidencia da Xunta”.
Entre os retos para os vindeiros anos, a portavoz do BNG avogou por fortalecer a organización e ensanchar a base social, avanzar nas eleccións municipais “enfrontándoas con decisión e coa convicción de que os nosos proxectos municipais poden chegar á maioría social”. Aumentar a representación nas Cortes do Estado como garantía de defensa dos intereses de Galiza ante o Goberno central, e sentar “unhas bases sólidas para lograr o obxectivo de presidir o Goberno de Galiza en 2024, disputándolle a hexemonía ao PP”. Para facelo temos que seguir centrando o traballo do BNG no que realmente lle da sentido á política, “ocuparse dos problemas da xente e darlles solucións”.
Estou segura, afirmou, que ese é o camiño no novo ciclo político que abriremos tras a asemblea nacional: “con unidade, cunha organización forte e centrando o noso traballo político nas prioridades dos galegos e das galegas”.Temos tres anos para conseguir ese obxectivo e abrir un tempo de esperanza “liderando o Goberno desde a Presidencia da Xunta”.
“Galiza necesita un novo rumbo” e non podemos escatimar esforzos para poñer fin á desfeita das políticas do PP de Feixóo e ás nefastas consecuencias da súa submisión ao centralismo madrileño. Temos que evitar que o descontento neste contexto de crise económica, provoque pasotismo, frustración e desmobilización entre a xente, porque iso só favorece ás forzas políticas que queren manter un status quo, un madricentrismo nocivo para Galiza. “Construír un futuro mellor só ten un camiño: ampliar a base social do nacionalismo e que o BNG lidere a Presidencia do País” enfatizou Pontón.
Temos por diante a XVII Asemblea Nacional da que, estou segura, “sairá un BNG con máis forza que nunca para traballar a favor de Galiza e da súa xente”.
PROPOSTA DE CANDIDATURA AO CONSELLO NACIONAL
XVII Asemblea Nacional do BNG
- Ana Pontón Mondelo
- Xosé Luís Bará Torres
- Xavier Campos López
- Rubén Cela Díaz
- Carme da Silva Méndez
- Olaia Ledo Díaz
- Bieito Lobeira Domínguez
- Lucía López Sobrado
- Manuel Lourenzo Sobral
- Breixo Lousada Valdés
- Ana Miranda Paz
- Lois Pérez Castrillo
- Montserrat Prado Cores
- Noa Presas Bergantiños
- Néstor Rego Candamil
- Xosé Luís “Mini” Rivas Cruz
- Olalla Rodil Fernández
- Goretti Sanmartín Rei
- Eva Villaverde Pego
- Marta Gómez Martín
- Avia Veira González
- Diego Lourenzo Moura
- Cristina Cid Fernández
- Rubén Arroxo Fernández
- Mercedes Tobío Rodríguez
- Daniel Pérez López
- Adolfo Muíños Sánchez
- Daniela Fernández Pérez
- David Miranda Martínez
- Ana Ermida Igrexas
- Luís Seara Fernández
- María González Albert
- Francisco Jorquera Caselas
- Élia Lago Pereira
- Xabier Pérez Igrexas
- Rosana Pérez Fernández
- Xosé Manuel Carril Vázquez
- Elvira Lombao Vila
- Iago Tabarés Pérez-Piñeiro
- Rosana Prieto Florines
- Francisco Chivite Mosquera
- Samanta Barreira Vivian
- Odilo Barreiro Martínez
- Mercedes Queixas Zas
- Uxío Benítez Fernández
- Sabela Bará Louro
- Daniel Castro García
- Iván Rivas Rico
- Cristina López Sánchez
- Guillerme Vázquez Vázquez
Suplentes:
- Margarita Caldas Moreira
- Xosé Manuel Méndez Díaz
- Saleta Chao Rivas
- Xoán Carlos “Kuka” Sar Oliveira
- Sol Agra Tuñas
- David Santomil Mosquera
- Carmela González Iglesias
- Francisco “Quico” da Silva Vello
- Lorena Suárez Pazos
- Xosé Carlos de la Fuente Estévez
- Pilar Vázquez Sánchez
- Gonzalo Veiras Carneiro
- Patricia Torrado Queiruga
- Luís Pérez Barral
- Ruth Reza Álvarez
- Francisco Vilariño Taboada
- Raquel Suárez Regades
- Iago Suárez Fernández
- Míriam Bermúdez García
- Carlos Babío Urquidi
- Noelia Rodríguez Justo
- Paulo “Kai” Ríos Santomé
- Ánxela Cao Armada
- Rubén Permui Iglesias
- Jéssica García Cruz
- Secundino Fernández Fernández
- Olalla Obelleiro Hermida
- Secundino García Casal
- Iria Carreira Pazos
- Ramón “Mon” Fernández Alfonzo
- Carme Aira Díaz
- Alexandre Espiño Castro
- Manuela Rodríguez Pumar
- Sandra Carballa Vázquez
- Francisco García Suárez