Ana Pontón: "Xunta e Goberno central son incapaces de defender os intereses galegos fronte aos de ENDESA"
Ante o anuncio de peche da Central térmica de As Pontes, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón afirma que esta decisión evidencia a “incapacidade” da Xunta e do goberno central para defender os intereses dos galegos e galegas fronte aos “intereses espurios” de ENDESA.
ENDESA, explica a nacionalista, “explotou os recursos naturais gañando miles de millóns de euros durante estes anos”, e agora non pode agora deixar tirada a Galiza, nin pode deixar tirada As Pontes. Para a nacionalista, a responsabilidade do peche da central compete ao goberno galego e ao goberno central, a Xunta porque carecía dun plan para facer fronte á transición enerxética e o goberno central porque continúa “empantanado” na súa indefinición. Dende o BNG seguiremos reclamando, dentro da “nosa axenda galega” que non se produza un “peche brusco da central de As Pontes”, sen alternativas reais sobre a mesa.
Pontón demanda á Xunta medidas para unha transición enerxética xusta e que non permita que ENDESA “deixe tirado o concello e a comarca de As Pontes”. Transición enerxética si pero non desta maneira. Non podemos permitir que os únicos privilexios sexan “os intereses espurios” dunha empresa eléctrica que se forrou a costa de explotar os recursos galegos.
Dende o BNG, recalcou Pontón, reclamamos alternativas de empreso e futuro para garantir que a transición enerxética en Galiza sexa xusta.