Ana Pontón: “Unha das leccións da pandemia é a necesidade de contar cun sistema científico forte en Galiza"

Ana Pontón
Ana Pontón

Propón un “pacto galego” pola ciencia e a innovación dotado co 3% do PIB e reclama rematar coa precariedade dos investigadores e investigadoras

Pide poñer en marcha un “Programa de captación de talentos” para avanzar na investigación de medicamentos contra a crise do coronavirus

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, mantivo hoxe un encontro, “por vidoconferencia” con diferentes colectivos que representan a investigadores e investigadoras galegas para abordar diversos aspectos da súa actividade e situación laboral. No encontro tamén participou a deputada e viceportavoz, Olalla Rodil.

“Unha das grandes leccións que nos deixa esta pandemia” afirma a portavoz nacionalista, e a “necesidade de contar cun sistema científico forte en Galiza” polo que apelou a “un pacto pola ciencia e a innovación” para os vindeiros anos dotado co 3% do PIB. Pontón recalca que aqueles países que contan cun sistema científico no que invisten recursos, están a dar “unha mellor resposta a crise do COVID-19”.

Pontón pide apoio para a “ciencia de base” e rematar coa “precariedade” dos investigadores e investigadoras galegas. Ademais, propón un “programa de captación de talento” para que Galiza se converta nun lugar que acolla a persoal investigador en condicións idóneas para realizar o seu labor. É necesario continuar investigando e desenvolver medicamentos e test para responder á sociedade galega nesta crise.

Feixóo debe dar conta da xestión nas residencias públicas

Por outra parte, a portavoz nacional do BNG volveu a lembrar que o 46% dos falecentos na crise do COVD-19 producíronse nas residencias de maiores, na súa maioría privadas. Na súa opinión, “algo se está facendo mal” e Feixóo debe comparecer no Parlamento galego para dar explicacións da xestión nestes centros. “A Xunta debe actuar cun plan de choque e intervir todas as residencias privadas”. A nacionalista volveu a demandar a realización de test masivos ás persoas usuarias e persoal dos centros de maiores.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG