Ana Pontón anima á cidadanía a asistir masivamente á manifestación do 12F para defender a sanidade pública
06 de febreiro de 2023 (20:39 h.)
"O PP é un perigo para a saúde das galegas e dos galegos", afirma a portavoz nacional do BNG
A portavoz nacional, Ana Pontón, amosou esta mañá a súa preocupación pola situación da sanidade pública galega, cun “Goberno do PP convertido nun perigo para a cidadanía” despois de 13 anos de recortes e privatizacións.
A líder do Bloque animou a todos os galegos e galegas a secundar a manifestación do próximo domingo 12 de febreiro, convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública, na que tamén estará presente o BNG para esixir “un sistema sanitario reforzado e sen precariedade, non como o que nos deixa agora mesmo o Partido Popular”.