Ana Pontón amosa o seu compromiso para construír unha Galiza na que as mulleres camiñen sen medo, en liberdade e sen violencias machistas
A portavoz nacional do BNG e candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón participou na mobilización contra a violencia machista convocada en Sarria polo colectivo Mulleres de Raíz.
Na concentración, Pontón manifestou a súa solidariedade coa víctima que a semana pasada “sufruiu unha terrible agresión” e trasladou a mensaxe de “que non está sóa porque, cando atacan a unha atácanos a todas.”
Pontón mostrou a súa “indignación” ante unha violencia machista que non cesa e contra a que temos que seguir respondendo nas rúas, como estamos facendo hoxe, pero tamén exiximos que respondan, de maneira contundente, as institucións e a xustiza cando se produce calquera tipo de agresión machista.
A líder do BNG reiterou o seu compromiso para contruír “unha Galiza na que as mulleres podamos camiñar sen medo” porque “temos dereito a ser libres e poder vivir sin violencias machistas”, aseverou.
Para a portavoz nacionalista, a violencia contra as mulleres é produto dunha sociedade que mantén estereotipos e roles que menoscaban os dereitos e liberdades das mulleres polo feito de selo. A educación en igualdade, remarcou, é a mellor ferramenta para erradicar a violencia contra as mulleres.