Ana Miranda solicita unha xuntanza con Juncker para presentarlle a proposta do BNG sobre o fuso horario
A eurodeputada nacionalista defende a necesidade de corrixir o desfase entre a hora oficial e a solar
A eurodeputada do Bloque Ana Miranda, dirixiuse este luns ao presidente da Comisión Europea, Claude Juncker, co obxectivo de celebrar unha xuntanza na que lle poida presentar a proposta do BNG para que corrixir o desfase do horario en Galiza, en tanto que conta cun fuso horario non acorde co meridiano no que está situada.
No documento, Miranda explica que dada a situación territorial, xeograficamente Galiza se atopa no fuso horario GMT-1; porén, a hora oficial é a GMT+1 e no verán as zonas máis occidentais galegas contan cunha diferencia de dúas horas e media a respecto da hora solar. Ao respecto destaca que a adaptación da hora ao mesmo meridiano da situación xeográfica, como nos casos de Irlanda, Portugal ou as Illas Canarias, sería a solución máis acaída.
A eurodeputada galega sinala, por outro lado, a importancia deste tema nos diferentes territorios, como amosa a ampla participación na consulta levada a cabo polo Parlamento Europeo, e na que máis do 80% dos 4,6 millóns de persoas que participaron na mesma pediron a supresión dos cambios de horario.
Segundo considera Ana Miranda no seu escrito, a implantación do horario vixente no Estado español debeuse a unha decisión política durante o franquismo que debe ser corrixida para adaptar o horario oficial á hora solar, ao igual que considera a “Comisión Nacional para la racionalización de los horarios españois”.