Ana Miranda destaca que a coalición de BNG, EH BILDU e ERC é a candidatura contra a involución democrática
A candidata e eurodeputada do Bloque Ana Miranda participou en Bilbao nun acto da coalición xunto a Rubén Cela e Bieito Lobeira
Tras a presentación, a semana pasada en Santiago de Compostela, da coalición formada por BNG, EH Bildu e ERC, hoxe tivo lugar en Bilbao do primeiro acto público da coalición “Agora Repúblicas” (e Ara Repúbliques e Orain Errepublikak) na que apostaron por afondar nunha “colaboración estable" más alá das eleccións europeas.
Tras a comparecencia, a candidata do BNG e actual eurodeputada, Ana Miranda, subliñou que se trata dunha coalición “desde a que loitar contra o fascismo e para defender, se fisuras, a liberdade, os valores democráticos e o dereito a decidir dos nosos pobos”. Para Miranda trátase de loitar contra a involución democrática que atravesa non e, en definitiva, “contra a involución democrática” que atravesa non só o Estado español, senón boa parte de Europa.
“Temos que loitar contra partidos que abren a porta ao avance do fascismo e a xenofobia e os dereitos das mulleres. Porque somos unha coalición feminista temos que dicir ‘Nin un paso atrás’”, afirmou a eurodeputada nacionalista, para quen a coalición tamén é o soporte idóneo desde o cal defender os sectores produtivos, “opoñéndonos ao desmantelamento das nosas industrias”. De esta forma, en Europa terase que falar tamén dos intereses galegos en pesca e marisqueo, agricultura, saneamento das rías e sector industrial.
No acto público, por parte do BNG tamén participaron Bieito Lobeira e Rubén Cela; mentres que por ERC estiveron a candidata Diana Riba e Jordi Solé; e por parte de EH Bildu, o seu o coordinador xeral de EH Bildu, Arnaldo Otegi, o candidato Josu Juaristi, a deputada Marian Beitialarrangoitia, e Gorka Ejejabarrieta.
Precisamente Rubén Cela foi o encargado de ler o manifesto 'Agora repúblicas, democracia, liberdades, dereitos', no que a coalición electoral denuncia o contexto de "involución democrática" e critica "as políticas restritivas en termos de dereitos políticos, individuais e colectivos en cada vez máis Estados Membros da Unión Europea".
O manifesto destaca que desde BNG, EH Bldu e ERC “tendemos a man a todas as persoas demócratas que comparten a necesidade de dicir 'basta xa' á involución". Subliña asemade que a alianza electoral responderá "desde a rebeldía" de forma que “contra a pantasma do autoritarismo que percorre Europa e medio mundo, 'Agora Repúblicas' suma forzas en defensa da dignidade, a xustiza e a liberdade”.
O como candidato de EH Bildu, Josu Juaristi, salientou que 'Agora Repúblicas' aúna a "tres nacións", Euskadi, Cataluña e Galiza, como "suma de forzas soberanistas e republicanas”, nas que EH Bildu, ERC e BNG apostan por establecer unha “colaboración estable, inclusiva e aberta" máis alá das eleccións europeas, que permita desenvolver acción tanto no ámbito europeo como no estatal.
A candidata de Esquerra, Diana Riba, pola súa banda, asegurou que ERC, EH Bildu e BNG son "proxectos políticos que defenden a liberdade e a democracia ante la regresión autoritaria que se vive no Estado e en Europa". Explicou que as tres forzas políticas cren na política da paz, o diálogo, o acordo e a cooperación como “única posibilidade de construír o espazo no que os pobos poidan prosperar". Nesta liña afirmou que a paz e a cooperación “son inherentes aos nosos proxectos políticos e aos nosos esforzos”.