#25N: Goretti Sanmartín chama a participar o sábado no acto de soterramento do Patriarcado

Goretti Sanmartín, responsábel da Comisión de Acción Feminista do BNG, fai un chamamento á sociedade galega ao acto organizado polo BNG para este sábado 24 de novembro, en Santiago de Compostela. Unha marcha partirá ás 12:00 horas da Praza do Toural e rematará no cemiterio de Bonaval, onde se procederá simbólicamente ao soterramento do patriarcado.

http://youtu.be/tWxidRvLuJE