O 25M, oportunidade para frear ás políticas retrógradas do PP escollendo a papeleta do @obloque
O 25 de maio os galegos e as galegas teñen a oportunidade de dicir basta xa ás políticas de recorte de dereitos e liberdades que aplica o PP, elixindo a papeleta da candidatura do BNG que encabeza Ana Miranda, explicou Vence, unha candidatura da cidadanía integrada por homes e mulleres que loitan polos problemas reais do país, que defende aos sectores produtivos máis afectados polas políticas de Bruxelas como a pesca, o agro ou o naval, que defende aos estafados polas preferentes, aos desafiuzados pola banca, e que loitan por servizos públicos de calidade.
O dirixente nacionalista subliñou que o BNG presenta a súa propia candidatura e o seu propio programa electoral co dobre obxectivo de defender os intereses de Galiza e de contribuír a construír outro modelo de Europa, solidaria e dos pobos.
Neste sentido, explicou que a decisión da Executiva nacional de confirmar a coalición cos socios vascos, opción que recibiu un amplo apoio da militancia, obedece a que esta alternativa garante a presenza do BNG na Eurocámara desde o primeiro minuto ata o fin da Lexislatura e, polo tanto, garante a defensa insubornable de Galiza alí onde se toman decisións vitais para os intereses do país, concluíu.
BNG e BILDU formalizaron en Bilbao a presentación da coalición electoral, aberta á incorporación de outras forzas políticas nacionalistas de esquerda.
Lee neste link o acordo politico de candidatura asinado.