A Xunta ten que impugnar o decreto que permite "expropiar" os cartos das preferentes
Jorquera lamentou que se confirmen as advertencias do BNG e que a vía da arbitraxe fose só unha manobra da Xunta para apaciguar os ánimos até a a campaña electoral pero unha vez pasados os comicios, agora a arbitraxe está paralizada.
O portavoz parlamentar nacionalista afirmou que non é de recibo que logo de ser estafados agora a saída que se lle dá a este colectivo é a de impoñer unha quita que pode chegar até o 70 por cento dos cartos investidos e abonar o resto en forma de accións, accións que no caso dos que suscribiron as preferentes coas antigas caixas galegas non poderán vender porque Nova Galicia Banco está intervida.
É o mundo ao revés pretender devolver parte dos cartos para capitalizar as entidades que os estafou, engadiu Jorquera, quen reiterou a exixencia de que a Xunta de Feijóo impugne tamén o Plan de Reestructuración de Nova Galicia Bano avalado pola Comisión Europea e polo Banco de España, que ampara esta tropelía.