Xavier Vence afirma que o cambio da Xunta sobre a mina de Corcoesto "é un éxito da rúa"
Corcoesto é un éxito da rúa
Vence subliña que o Goberno de Feijoó vese obrigado a recuar porque a sociedade galega, as organizacións políticas, ecoloxistas, viciñais e outras moitas entidades, sairon masivamente á rúa para paralizar un proxecto que supuña unha auténtica desfeita medioambiental, social e incluso sanitaria para o concello de Cabana e a comarca de Bergantiños. Foi un éxito da rúa, sen lugar a dúbidas.
O portavoz nacional do BNG agarda que a Xunta abandone o seu entreguismo de colonizado noutros proxectos igualmente agresivos e sin interese económico para o país como o de Castrelo, A Limia, Galiñeiro, etc. Maís aínda, debería escoitar a cidadanía que dia si, dia tamén teñen que saír a rúa para defender os seus xustos intereses e reivindicacións como é o caso dos estafados polas preferentes. Feijóo e Rajoy deben escoitar a cidadanía porque a paciencia da xente está esgotándose.
Xabier Vence participou nun acto do BNG na Praza do Toural en Santiago, enmarcado na campaña nacionalista de non é unha crise é un roubo. Un acto no que tamén interviu a deputada no parlamento galego, Ana Pontón, representantes de colectivos feministas en defensa do dereito ao aborto, persoas afectadas pola estafa das preferentes, polos desafiuzamentos, parados e estudantes.
Ampliar a arbitraxe para os preferentistas e unha solución colectiva
O portavoz nacional do BNG tamén aludiru a todas estas problemáticas como o roubo das preferentes e subordinadas, claramente deseñado polo Banco de España que como organismo regulador non actuou en ningún momento para parar unha estafa de grandes dimensións. Insistiu en que é o PP o que coa súa lei 9/2012 está a impoñer a quita que chega ao 64% dos aforros nen moitos casos. Lembra que é inxusto que decidiran impoñer un límite totalmente abitrario á arbitraxe e que decidiran rematar ese proceso deixando fóra a perto de 40.000 afectados en Galiza. Denuncia a ausencia de criterios obxectivos nese proceso que acaba convertindo todo este asunto nunha estafa chapuceira propia dun país bananeiro.
Por iso o BNG, afirmou, seguirá demandando unha solución política global e xusta a este problema, unha solución que pasa pola devolución integra de todos os aforros investidos polos afectados, unha solución que require parar as quitas que o PP legalizou coa súa lei de excepción.
Fixo unha alusión ao problema do Tax Lease para apelar ao Goberno central a dar a batalla na UE e evitar o afundimento do noso sector naval. Ten que comprometerse a fondo e traballar para impedir o veredicto de Almunia.
A corrupción do PP: Rajoy ten que dar explicacións
Acusará a Rajoy e a Feijoó de legalizar unha estafa, un roubo a mán armada, e de abandoar aos cidadáns para os que deberían gobernar en lugar de atender servilmente aos bancos e aos poderes fácticos.
En relación ao escándalo das finanzas do PP, o denominado caso Bárcenas, Vence sinalou que somos espectadores da auténtica podremia que existe no PP. A trama Gürtel e Bárcenas revela a existencia dunha trama de financiamento ilegal do PP e un uso do poder a beneficio dos poderes fácticos, intereses empresariais e financeiros.
E subliñou que se trata dunha trama estatal con cabeza madrileña que ven oprando desde hai moitos anos, un partido político comprado por intereses económico-financeiros que marcaron moitas das políticas, e que son os que estñán detrás deste golpe institucinal que supón a recentralización política e económica.
Para Vence Rajoy debe dar explicacións de imediato porque el mesmo aparece nos famosos papeis e os seus sobresoldos deben ser explicados, sobre todo se os declarou a Facenda. O portavoz nacional do BNG considera que é un Goberno deslexitimado, salpicado por unha trama ilegal e que non pode mirar para outro lado como se nada pasase. Por respecto á cidadanía, por respecto á democracia, hay que depurar responsabilidades políticas. Rajoy é un gobernante cuestionado. Pero tamén alerta que a voz debe darse á cidadanía e impidir un golpe de palacio da dereita máis extrema e ultracentralista que está ao asexo para colocar os seus peón máis servís.