Vence: votar BNG é encher Galiza de concellos honestos e orgullosos, nos que vivir e traballar
Ao electorado indeciso: Somos a única opción de país que planta cara para derrotar ao PP, palmo a palmo, desde todos os concellos
Salienta o compromiso público de converter aos concellos do BNG nun contrapoder ás políticas devastadoras da dereita
Serafín Otero chama a facer realidade o cambio de rumbo en Vigo o 24M
Temos a oportunidade de derrotar a corrupción e os recortes, de derrotar as políticas de privatización de servizos públicos, de derrotar un PP radicalmente antisocial e antigalego. Este domingo temos a gran oportunidade de mudar a desesperación por ilusión e futuro na nosa terra, empezando a construír un país novo desde os concellos, proclamou Vence.
O dirixente nacionalista instou ao electorado indeciso a que non fique na casa, -votar o 24M para no arrepentirse de resultados inesperados o 25-, e argumento as razóns para coller a papeleta BNG-Asembleas Abertas. Porque o teu voto ao BNG ten un dobre valor: é clave para derrotar ao PP e é clave para construír un proxecto nacionalista no conxunto do país, explicou.
Neste sentido, Vence, subliñou que o Bloque é a única alternativa nacionalista que lle disputa o terreo palmo a palmo ao PP desde os concellos, porque Galiza constrúese desde os 314 cidades e vilas, sen cantonalismos e sen improvisación de última hora.
Reiterou o compromiso público do BNG de que todos os concellos baixo goberno nacionalista a partir do 24M serán un contrapoder ás políticas devastadoras do centralismo e da dereita concellos libres de desafiuzamento, de pobreza infantil e de pobreza enerxética, libres de corrupción e intolerantes contra a corrupción, e impulsores da lingua e da cultura do país..
Vence pediu o voto para as candidaturas nacionalistas co aval do traballo feito nos concellos nos que goberna, un modelo de concellos BNG quere estender por toda Galiza. Votar BNG-Asembleas Abertas é votar por concellos democráticos e honestos, concellos nos que vivir e traballar, concellos dinámicos con oportunidades para a xente nova, concellos socias, públicos e orgullosos do noso, argumentou.
O candidato á Alcaldía de Vigo, Serafín Otero, instou a cidadanía da cidade olívica a poñer fin a catro anos perdidos. Un cambio nas políticas e nas maneiras, que poña por diante as necesidades do pobo, da maioría social que representa a clase traballadora.
Hai que rematar coa política escaparate onde a propaganda prima sobre as urxencias das persoas nunha cidade con máis de 32.000 parad@s e 50.000 veciños e veciñas baixo a ameaza da exclusión social.