Vence parabeniza á comunidade educativa polo éxito da folga e pide a retirada da Lei Wert
Puxo de manifesto que estes organismos están inxectando masas enormes de liquidez para os bancos e especuladores ao tempo que asfixian os gobernos e a economía produtiva. Siguen inflando unha bomba de reloxaría que leva por diante a economía produtiva, o emprego e os servizos públicos en toda a periferia europea. Nese sentido, citará ao multimillonario Paul Singer que recoñece que esas políticas nos están levando a unha guerra de clases.
O Goberno de Rajoy vai de fracaso en fracaso. Debe rectificar
Tamén fixo unha avaliación da folga do ensino de onte e as manifestacións e movilizacións na rúa de toda a comunidade educativa.
O portavoz nacional do BNG quer, en primeira instancia, parabenizar a toda a comunidade educativa, estudantes, profesores, país e nais, e a sociedade en xeral, que demostrou estar moi sensibilizada cos duros recortes na educación e cunha lei retrógrada e involucionista, porque onte lograron que hoxe non vaia ao Consello de Ministros a nefasta Lei Wert tal como estaba anunciado.
Vence afirma que o seguimento masivo no ensino que secundou a convocatoria de folga, as multitudinarias manifestacións na Galiza e noutras partes do Estado, conseguiron que a última hora da noite o Ministro do ramo dubidase até decidir adiar a presentación do texto. Agardamos que quede adiada indefinidamente.
Só un Goberno antidemocrático podería seguir adiante sen escoitar a voz social: retiren a Lei Wert
O portavoz nacionalista salienta que o Goberno español debe tomar nota porque o rexeitamento social foi total e masivo, e xa é hora de que o comece a ter en conta as demandas da sociedade porque empezou a acender as luces vermellas. Ademáis, subliñou que o deterioro do sistema educativo público por parte do PP, comezou co tremendo tesourazo ás partidas destinadas a educación nos Orzamentos do Estado e nos da Xunta. Uns recortes orzamentarios hipócritas porque manteñen os recursos económicos destinados ao ensino privado mentras deixan morrer o ensino público e que van na liña contraria ao que realmente fan os países europeos máis dinámicos e máis igualitarios. Aínda engadiu O goberno debería mirar máis para Finlandia ou Dinamarca e mirarse no espello dos países de baixas cualificación e baixos salarios
Xavier Vence considera que o Goberno Rajoy debe dar marcha atrás nos seus propósitos e retirar un proxecto de lei que ataca o sistema educativo público, os dereitos lingüísticos, é discriminatorio e conculca o principio de igualdade ao dar axudas a centros que segregan por sexo, e que vai contra un Estado declarado na Constitución aconfesional porque incentiva a relixión.
É de sabios rectificar e admitir que a Lei Wert nace morta porque ninguén a quer. E por riba, nun contexto de crise suporá un despilfarro de cartos que non é preciso.