Ante o suicidio dunha muller en Barakaldo, o BNG afirma que é un "asasinato" da banca
Estamos falando dun asasinato, asegurou Guillerme, ao tempo que lembrou que primeiro o PSOE e despois o PP meteron miles de millóns de euros para que os bancos fagan o que lles veña en gana e os que permiten que se cometan asasinatos son cómplices.
O líder nacionalista lembrou que o BNG ten presentado iniciativas en defensa das persoas que son botadas da súa casa iniciativa que foi votada en contra polo PP e polo PSOE, o que demostra unha vez máis que uins estamos nunha cousa e outros noutra, non somos todos iguais.
Queren crear un Titanic social e cando se afunda o barco, haberá lanchas para os de primeira, mentres lles baixan as reixas para que afoguen ao resto, afirmou Guillerme, ao tempo que lembrou que é necesario un cambio radical da política económica e fiscal e niso está o BNG, pelexándonos na rúa día a día, tomando iniciativas.
http://youtu.be/htj3Xg6fv2o