#proponconnosco, o BNG abre o seu proceso interno á sociedade a través da web
#proponconnosco constitúese como unha canle de comunicación aberta á sociedade e cun doble carril, ademais, xa que todas as mensaxes que se envíen a esta sección da web recibirán unha resposta personalizada.
Trátase de facilitar camiños para que se poida efectivizar a colaboración dos cidadáns e cidadás galegos neste proceso de reflexión que, deste xeito, deixa de ser exclusivamente interno para se abrir a aportacións externas.
Na sección que vén de porse en funcionamento hai apenas uns minutos, todos os galegos e galegas poderán descargarse o documento no que se recollen en síntese diversas aportacións e reflexións verquidas pola militancia nas asembleas comarcais do BNG.
Construíndo futuro é o título deste documento no que baixo distintos epígrafes se reflexiona sobre o que o Bloque Nacionalista Galego quer facer para asentar os alicerces dun novo futuro.
Http://bng.com/proponconnosco/