O PP ten as eleccións perdidas se os votos nacionalistas e de esquerdas se concentran no BNG
Jorquera afirmou que a concentración do voto no BNG é a chave para derrotar ao Partido Popular, para pór fin a 3 anos de fracasos, mentiras e incumprimentos de Feijóo e facer posíbel o cambio real que precisa Galiza.
Feijóo tivo a súa oportunidade dixo- e desaproveitouna, deixando o País á beira da ruina. Con Feijóo batimos o récord de parados, pois 113.000 persoas perderon o seu traballo durante a lexislatura; triplicamos a débeda pública; 60.000 mozos e mozas tiveron que coller a maleta para emigrar; os nosos estaleiros non constrúen barcos e os nosos gandeiros venden o leite máis baixo que no resto do Estado.
Para o candidato nacionalista, o 21 de Outubro ábrese a posibilidade de iniciar unha nova etapa na historia do País, de apostar por outras políticas, por un proxecto pensado para os traballadores e traballadoras, non un proxecto para os ricos e banqueiros como fixo Feijóo.
O BNG ten un proxecto de País, un proxecto chamado soberanía, un proxecto chamado democracia, un proxecto chamado traballo
Guillerme Vázquez e Ana Pontón
Jorquera abriu con esta intervención a tradicional pegada de cartaces na Praza de Praterías de Santiago, nun acto no que tamén tomaron a palabra o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, e a candidata número 2 pola provincia da Coruña, Ana Pontón.
Ana Pontón advirte que e se nós non facemos a política farana eles por nós e farana só para defender os intereses dos banqueiros non os das maiorías sociais
Ana Pontón defendeu a política como vía para cambiar as cousas, a política como participación social e proclamou que se nós non facemos a política farana eles por nós e farana para defender os intereses de banqueiros e poderosos non os os nosos intereses, os das maiorías sociais.
http://youtu.be/fvO9YIfTE04