O PP impide o trámite da proposta do BNG, primeiro chanzo, para eliminar as Deputacións
Francisco Jorquera defendeu unha Proposición de Lei para posibilitar o traslado da maioría das funcións e servizos das deputacións aos concellos.
O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera defendeu hoxe a Proposición de Lei, para súa elevación ao Congreso dos deputados, relativa á modificación da Lei de Bases de Réxime Local como primeiro chanzo para trasladar as funcións e servizos das deputacións aos concellos e comunidades autónomas.
A proposta do BNG que contou co apoio do PSdeG e Age, foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.
Na súa intervención, Jorquera defendeu modificar a lei como paso previo á supresión das deputacións provinciais e avanzar no sentido contrario do Goberno central e Partido popular que pretenden reforzalas.
Escusa do gasto público para xustificar a crise económica
A crise económica, explicou, suscitou un debate sobre a necesidade de racionalizar as diferentes estruturas político-administrativas, un debate interesado para presentar o gasto público excesivo como causa única de todos os males a pesar de que este gasto público, afirmou, en Galiza e por habitante é sensiblemente inferior ao resto dos estados do noso entorno.
Jorquera asegurou que o desequilibrio económico non está xerado polo gasto público senón pola existencia dun importante déficit fiscal provocado por un sistema impositivo inxusto e o escandaloso fraude fiscal practicado polas grandes empresas e fortunas.
O parlamentario acusou ao Partido popular de manter a vella máxima de Joseph Goobbels, ministro de propaganda e figura clave do réxime nazi, que defendía o principio de que unha mentira repetida mil veces transformase nunha verdade e aludía veladamente as declaracións de Dolores de Cospedal que comparou os escraches co nazismo.
Para Jorquera, o Partido popular quere unha recentralización do Estado a través dunha poda do Estado das Autonomías, os mesmos que impuxeron o café para todos, dixo, agora afirman que é ridículo que existan 17 defensores do pobo.
Deputacións prescindibles
O BNG, manifestou, aposta pola supresión das deputacións e propón que as comunidades autónomas absorban as súas funcións para baleiralas progresivamente de competencias porque a supresión definitiva destes entes suporía unha modificación da Constitución que non é abordable cunha Proposición de Lei
Ao servizo de quén está o Partido popular en Galiza? preguntou o nacionalista que a acusou a Xunta de Feijóo de converterse delegación do Goberno do Estado.
Trala intervención da portavoz popular, Paula Prado, o nacionalista volveu acusar ao PP de defender un proxecto de réxime local que cualificou de modelo alleo a Galiza dotando ás deputacións dun auténtico contrapoder e control político do territorio do Goberno central que ademais imposibilita políticas alternativas dende o ámbito local e resta competencias aos concellos.
Deputacións ao servizo do Partido popular
Para o BNG repetiu, o camiño debe ser outro, unha ruptura democrática cun proceso constituínte en Galiza que dote ao pobo galego de soberanía con capacidade para decidir sobre os seus asuntos e a súa relación cos outros pobos.
Jorquera denunciou que nas pasadas eleccións galegas, presidentes de varias deputacións captaron tránsfugas para promover mocións de censura nos concellos da provincia cunha cor política diferente á da deputación e sobre a de Ourense asegurou que se converteu nunha das maiores empresas contratadoras 542 persoas, todas con algún tipo de relación, familiar ou política co Partido popular.
Mentres o PP dedicábase en Ourense a enchufar aos seus amigos máis do 80% do orzamento da deputación ía destinado a gastos de funcionamento, ao mantemento do propio tinglado.
Chiringuitos da Deputación de Ourense
O deputado aludiu ao Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE) como exemplo para denunciar o funcionamento dos entes da deputación de Ourense, este Instituto, explicou, destina 3.000 euros de investimento mentres o "seu xerente cobra 140.000 que por riba, defrauda a Facenda".
Para o nacionalista, estas administracións non son eficaces polo que reiterou que deben ser modificadas e despois suprimidas a través dunha reforma da Constitución.