Os Orzamentos de Feijóo, un paso máis na ruína económica e social de Galiza
Para o BNG, consagran un reparto inxusto, non frean o paro e a medida estrela da rebaixa do IRPF é unha trampa
O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera afirmou hoxe que os orzamentos para o 2014, consagran o fracaso das políticas de Núñez Feijóo.
Na comparecencia ante os medios de comunicación, tras a Xunta de portavoces, o parlamentario do BNG asegurou que os orzamentos de Feijóo representan un paso máis na ruína económica e social de Galiza, carecen de credibilidade, consagran un reparto inxusto, son o resultado do fracaso das políticas das de Feijóo e a medida estrela da rebaixa do IRPF anunciada polo presidente no Debate do Estado da Nación, representa unha trampa.
Feijóo suma 1.000 millóns de euros máis á débeda galega nun ano
O incremento do gasto financeiro dedicado á emisión de débeda pago de xuros e operacións de crédito nun 17,5% consecuencia da débeda pública que pasa de 1.110 millóns de euros no ano 2013 a 2.071 millóns ao 2014, explicou constatan, que nun ano incrementouse a débeda en 1.000 millóns. Feijóo, dixo, recorre ao endebedamento para presumir dos obxectivos de déficit a costa de hipotecar o futuro de Galiza.
Para o deputado, o endebedamento tamén é a demostración do fracaso das políticas de recortes contribuíndo a deprimir aínda máis a economía e o incremento da débeda.
O actual sistema de financiación é ruinoso para Galiza, sentenciou e mentres se dispara o gasto financeiro volve a recortarse o gasto de impacto directo nas condicións de vida de todos os galegos e galegas, recortase en 89 millóns de euros sumados aos anteriores descensos dende que Feijóo é presidente. Dende o ano 2009, a a caída do gasto non financeiro sitúase no 20%.
Este gasto, engadiu, é inferior en 65 millóns ao teito de gasto establecido polo Parlamento polo que o Goberno Feijóo renuncia a investir esta cantidade en políticas sociais, con novos recortes en capítulos básicos e servizos públicos.
Feijóo volve mentir á sociedade galega
Sobre o esforzo social ao que se dedicará o 80% do gasto total anunciado por Feijóo, Jorquera manifestou que volve a mentir e fai trampa porque non inclúe gasto financeiro e a realidade é que o gasto social volve a caer.
As estimacións macroeconómicas do PIB e descenso do paro tampouco se cumprirán, dixo porque a evolución da economía galega e moito peor.
Os orzamentos non son cribles ao non computar os novos axustes do Estado para ás CC.AA e concellos para os anos 2014 e 2015 que terán como primeira consecuencia a recentralización e o desmantelamento das políticas sociais e públicas coa complicidade do Goberno Feijóo que aínda no abriu a boca para cuestionar ese novo plan.
Finalmente, o deputado tamén criticou o reparto inxusto do esforzo fiscal e a trampa da rebaixa do IRPF, e criticou que Feijóo renuncie a elevar a presión fiscal sobre as rendas máis altas mentres as baixas deberán tributar máis.
Mentres Feijóo baixa o tramo do IRPF, o Goberno central consol¡da a suba aprobada no ano 2013 tamén para 2014, a consecuencia paradóxica será que os galegos e galegas pagaremos máis de IRPF e beneficiaremos a facenda estatal en troques da autonómica, concluíu.