Olaia Fdez. Davila: "Estamos ante un Goberno covarde e mentirán que si vai recortar as pensións"

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, acusou hoxe a Mariano Rajoy de “liderar un goberno covarde e mentirán, que fai o contrario do que di, incluído o recorte das pensións que si que o vai facer”.

Davila valorou así o Consello de Ministros do Pasado venres do que o presidente do Goberno, na súa

comparecencia posterior, ocultou o acordo sobre o Plan Orzamentario 2012-2014 que lle remitiu á Unión Europea e no que se contempla un novo paquete de recortes para a sociedade do Estado español superior aos 100.000 millóns de euros.

Deste xeito, Davila non dubidou en afirmar que”á vista do acordado e do dito na comparecencia o BNG considera que este goberno do PP é un goberno politicamente covarde e mentirán, xa que Rajoy non compareceu para explicar as medidas que adoptou realmente e si para facer un repaso propagandístico a algunhas das medidas que adoptou”.

“É unha covardía política non dicirlle á cidadanía por parte do presidente do Goberno o que se acababa de aprobar que é ese plan presupostario 2013-2014 que lle remitiu á Unión Europea no que se contemplan unha vez máis recortes en sanidade, en educación, incremento de impostos, recortes en emprego e en pensións”, denunciou a deputada nacionalista.

O Goberno do PP si vai recortar as pensións

Neste sentido, e dado que “este goberno vai facendo o contrario do que di”, a parlamentaria do BNG advertiu de que “aínda que o propio Rajoy dixo o venres que non ía tocar as pensións, o plan presupostario aprobado polo Consello de Ministros e enviado polo Goberno á UE si significa redución das contías das pensións para o futuro”.

100.000 millóns para os bancos que vai pagar a cidadanía con recortes

E é que, segundo puxo de manifesto Olaia Fernández Davila, “a Unión Europea préstalle aos Estado español 100.000 millóns de euros para o saneamento dos bancos, que imos ter que pagar todos e todas os cidadáns por decisión de Rajoy, a través dos recortes do Plan Orzamentario do Goberno para os próximos anos”.

Uns recortes que, para a deputada nacionalista, “van incrementar a recesión económica e o que hai para o próximo ano é máis recesión e máis paro”.

No BNG hai alternativas!

Fronte a estas políticas, Davila salientou que “no BNG dicimos que si hai alternativas para saír da crise, como as que leva defendendo o goberno no Congreso dos Deputados dende hai meses”.

Así, destacou medidas para loitar contra o fraude fiscal, que os propios inspectores de Facenda cifran en 70.000 millóns de euros; unha reforma fiscal máis progresiva e con máis equidade, que faga pagar máis a quen máis ten ou aforrar na Administración, en vez de conxelando a oferta de emprego público, mediante a eliminación de administracións obsoletas como son as Deputacións provinciais, uns órganos que o goberno de Rajoy pola contra propón reforzar.

“Medidas coma estas-subliñou si que mellorarían os ingresos do Estado e evitarían recortes sociais”.

 

http://www.youtube.com/watch?v=lwNHIbe71VE