Mais de 2.000 militantes do BNG participan na súa XIV Asemblea Nacional
Guillerme Vázquez presentou o informe de xestión e Xabier Vence o Relatorio PolíticoGuillerme Vázquez: Que non nos maten os soños, sairemos máis comprometidos que nunca e amosou o seu apoio incondicional ao que será o novo portavoz nacional, Xabier VenceXabier Vence: o BNG leva sendo soberanista desde o seu inicio. Non hai unha deriva nacionalista, o que hai é unha deriva centralista.
Ás 10 horas comezou a XIV Asamblea Nacional do BNG que renova a súa dirección, coa elección dun novo portavoz nacional.
Unha Asamblea que conta cunha ampla e concorrida participación, máis de 1.500 militantes que acudiron a esta importante cita procedentes de todas partes de Galiza.
Unha vez votada a orde do día e o Regulamento, abriuse o debate do Informe de Xestión e o Relatorio Político. Guillerme Vázquez, o portavoz nacional saínte presentou o Informe de Xestión nunha intervención que fixo alusión á situación política actual, con críticas ao niño dos Peares, con chamamentos á fortaleza do BNG enfatizando que non nos maten os soños e sairemos máis comprometidos que nunca.
Guillerme Vázquez tamén aproveitou a súa intervención para amosar o meu apoio incondicional ao que será o novo portavoz nacional do BNG, Xabier Vence e tivo palabras de despedida ao sinalar que para min foi un orgullo ser o portavoz nacional de todos vós.
No seu turno de presentación do Relatorio Político, Xabier Vence, fixo un breve repaso do ano transcurrido desde que se celebrou a anterior Asamblea do BNG, a de Amio. Aconteceron moitas cousas, todos debemos ser conscientes dos cambios. Así pasou do xeral ao particular, explicitando as duras políticas de austericidio da UE: un ano de ataques ás conquistas sociais, o ano do resgate financeiro ao estado español que trouxo duras consecuencias sociais e a devalucación da democracia.
O que será elexido hoxe como novo portavoz nacional do BNG fixo mención ao duro ano de goberno central a golpe de decretazos, e o sometimento de Feijoó á política de Madrid. Non temos un goberno galego senón unha sucursal de Madrid, enfatizou. Non esqueceu a imediata actualidade, a corrupción política que é un problema do PP.
Xabier Vence aludiu asemade á crise dentro do nacionalismo galego e os diferentes camiños adoptados. Deixou claro que o BNG leva sendo soberanista desde o seu inicio. Non hai unha deriva nacionalista, o que hai é unha deriva centralista. Fixo constantes chamamentos á unidade interna para que o nacionalismo volte a medrar. Pediu correxir os erros e cohesión e unidade sen loitas internas. Asemade, apelou á necesidade de cambiar as formas de nos relacionar dentro e coa xente.
A Asambela desenvólvese ao longo da mañá coas solicitudes de quendas sobre o debate do Informe de Xestión e o Relatorio Político, e as emendas presentadas.