Jorquera a Feijóo: "Tarde piaches, que dicimos en galego"
Francisco Jorquera acusa a Feijóo de lembrarse agora das desigualdades, os desafiuzamentos e o drama social provocado polas súas políticas, tras sufrir un revés electoral
O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera acusou hoxe ao Presidente da Xunta de chegar tarde para renovar as súas políticas e aptitudes, tarde piaches, que dicimos en galego, espetoulle Jorquera a Feijóo por acordarse agora das desigualdades, os desafiuzamentos e as inxustizas provocadas polos repagos.Tivo que sufrir un revés electoral, explicou o nacionalista, para recoñecer o drama social que provocaron as súas políticas.
No debate da pregunta ao presidente, o portavoz do BNG no Parlamento preguntou en que consiste a renovación de políticas e actitudes do Partido popular, quizais, respondeu o propio deputado, en converter nun cambélache a renovación dos órganos estatutarios para deixalos atados e ben atados como diría o ditador, ou en presentar unha reforma da Lei do Consello de Contas para reforzar as súas competencias e independencia mentres negocia de costas ao Parlamento a renovación das súas vacantes e manter neste órgano un imputado por malversación.
Un imputado por presunta malversación de fondos,engadiu, nunha Fundación que o propio Consello ten a obriga de fiscalizar, así entende vostede a rexeneración democrática?, preguntou Jorquera a Feijóo.
O BNG pregunta a Feijóo pola sentenza do Supremo ratificando a ilegalidade da anulación do concurso eólico do Goberno Bipartito
Qué opinión lle merece a sentenza do Tribunal Supremo que ratifica a ilegalidade da anulación do concurso eólico?, preguntou Jorquera a Feijóo.
Vostede chegou á Presidencia da Xunta apoiándose en grandes falsidades, a falsidade das fotos do anterior vicepresidente nun barco cunha persoa cuxa honorabilidade ninguén puxo en dúbida, fotos feitas anos antes de ser publicadas pero logo soubemos que existían outras fotos tamén en barcos, as súas, señor Feijóo cun coñecido narcotraficante.
Anular o concurso eólico foi unha decisión do PP, sectaria e irresponsábel
Falsidades como a ilegalidade dun concurso eólico do que agora a Xustiza di que o seu goberno provocou unha situación de inseguridade xurídica e que a ilegalidade cometérona vostedes ao anulalo. Vai asumir responsabilidades ante a ilegalidade da suspensión do concurso eólico ou vai seguir mirando para outro lado?, concluíu Jorquera.
Tras a intervención do Presidente da Xunta que defendeu as súas políticas por non poder facer outra cousa por mor da crise económica
O parlamentario do BNG afirmou que aquela anulación foi unha decisión sectaria, irresponsábel e aínda por riba ilegal.
As consecuencias desa decisión, pagámolas todos e todas e esa ilegalidade pode dar lugar a múltiples reclamacións de indemnizacións ademais de supor a parálise e desfeita do sector eólico coa perda de milleiros de postos de traballo polo que, de novo, pediu responsabilidades ao Presidente da Xunta.