Jorquera a Feijóo: Qué fixo vostede contra a crise?
O deputado criticou as políticas regresivas do PP dos últimos cinco anos e reprochou ao Presidente da Xunta non ter proxecto de País
Na sesión de control ao Presidente, o portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera preguntou a Feijoo que leva feito nestes cinco anos de Goberno para resolver a difícil situación provocada pola crise económica en Galiza.
Yo me presento contra la crisis defendía Feijóo o pasado 8 de setembro do 2012 cando foi proclamado candidato á presidencia, lembrou o nacionalista.Pasaron dous anos e máis de cinco dende que accedeu ao Goberno e que fixo vostede neste tempo contra a crise?
Situación real de Galiza
Jorquera asegurou que dous de cada dez galegos están por baixo do limiar da pobreza, máis de mil nenos teñen dificultades para comer unha vez ao día, 90.000 fogares manteñen a todos os seus membros no paro e os perceptores da Risga e das Axudas de Emerxencia social, aumentaron nun 45% nos últimos anos, estes datos, dixo, evidencian a situación de emerxencia na que está Galiza.
Ademais apuntou que o Tribunal de Cuentas sitúa a Galiza entre as comunidades que menos invisten por dependente, maiores tempos de espera para recibir unha prestación e menos investimento sanitario por persoa.
O INE tamén confirma datos negativos en Galiza
O parlamentario do BNG aludiu aos datos do Instituto Nacional de Estadística que confirman a redución do gasto público en Galiza como principal freo para a súa recuperación.
Neste sentido, acusou a Feijóo de dinamitar as políticas sociais e aumentar considerabelmente as desigualdades mentres o patrimonio dos millonarios galegos aumenta en 236.000 euros ao ano coas súas sicavs.
Somos a terceira comunidade cos salarios máis baixos engadiu, ecada traballador/a galega cobra dous euros menos por hora que un traballador español e 300.000 persoas non teñen traballo. Despois de cinco anos, reiterou, segue vostede afirmando que se presentou contra a crise?.
Banesco traslada a sede a un Paraíso fiscal
Sobre o panorama financeiro galego, o nacionalista afirmou que Galiza sofre o maior recorte de crédito para familias e empresas a respecto de todo o Estado español e os préstamos caen máis de 3.100 millóns no primeiro trimestre, cinco veces máis que a media española.
Con estes datos, vostede pode presumir e vender como un éxito que Novagalicia Banco pase a máns de Banesco?. Banesco, recalcou, que xa anunciou o traslado da sede do seu grupo financeiro a Panamá, un paraíso fiscal.
Modelo de Estado en revisión
Na quenda de réplica, o deputado aludiu ás declaración do Presidente da Xunta nas que manifestaba a súa oposición a calquera revisión constitucional que supoña unha merma das competencias galegas ante unha posíbel revisión do status de Catalunya na Carta Marga.
Esta frase, é o resumo da súa dimisión como Presidente. Non ten proxecto de País nin exerce nin defende o noso autogoberno, o único que lle preocupa e que outros podan amplialo porque actúa como lacaio do Goberno central en Galiza e mamporreiro das reivindicacións nacionais. Mal que lle pese, remarcou Jorquera o modelo de Estado está en revisión.
Con vostede, concluíu, Galiza corre o risco de ficar no vagón de cola.Sr.Feijóo, é vostede a ruína deste País.