Jorquera acusa a Feijóo de utilizar a RTVG para substituír a realidade pola propaganda"
O portavoz do grupo parlamentaria criticou o apagón informativo da RTVG na relación do presidente co narcotraficante Marcial Dorado, as comparecencias na Comisión de investigación das Caixas, a trama Gürtell e o problema dos preferentistas.
Pleno-. Na pregunta de control ao Presidente do Goberno, o portavoz do grupo parlamentario do BNG,Francisco Jorquera acusou a Feijóo de utilizar os medios de titularidade pública, Radio e Televisión de Galiza para ocultar a realidade con propaganda.
Hoxe esta sesión non se está a transmitir nin pola Radio nin pola Televisión de Galiza, a pesar de que ambos medios contan con dúas canles e o mesmo aconteceu,dixo, coa información sobre as súas amizades perigosas co narcotraficante Marcial Dorado e comparecencias dos exdirectivos das Caixas,José Luís Méndez e Julio Fernández Gayoso.
Jorquera cualificou de revival do NODO os informativos da RTVG, caracterizados pola manipulación que o Partido popular e Feijóo levan no seu ADN, vostede, dixo, oculta o fracaso da súa xestión evitando primeiro responder neste parlamento e despois decretando a ocultación dos seus debates.
Promesas incumpridas que non forman parte das parrillas da RTVG
O parlamentario manifestou que o Presidente da Xunta anuncia novos contratos para o sector naval cando en realidade, aínda non sabemos se existen e igual fixo coas preferentes, anunciando arbitraxe para todos para logo pechalo deixando fora a 40.000 afectad@s que poden perder máis da metade dos seus aforros.
Hoxe sabemos, engadiu, que as emisións foron realizadas durante os diferentes gobernos do Partido popular pero disto tampouco fala nin a Radio nin a Televisión de Galiza, a ocultación está no seu ADN e no do Partido popular, aseverou.
Juárez cruxe a multas aos cidadáns que loitan contra a inxustiza
Os expedientes sancionadores abertos pola delegación do Goberno as persoas que participaron en diferentes actos pacíficos contra as políticas do Partido popular tamén foron motivo de crítica por parte do nacionalista para o que o delegado do Goberno, Samuel Juárez inventa pantasmas coa intención de criminalizar a forzas políticas e movementos sociais.
Jorquera criticou que o delegado do Goberno tildara de bárbaros ás persoas que impediron que unha anciá ficase na rúa, non é manipulación, preguntou, vencellar este acto cívico ao terrorismo para criminalizar forzas políticas de inequívoca traxectoría democrática?.
O deputado lembrou que o Delegado do Goberno figura asociado no seu facebook a un grupo que avoga pola supresión da autonomía catalana o cal, na súa opinión, desvela as verdadeiras intencións do Goberno que non é outra máis que dar un paso adiante cara á centralización. Se algo sobra, dixo, son os delegados do Goberno.
Degradación da Radio e Televisión de Galiza
No transcurso da súa intervención, o parlamentario nacionalista tamén aludiu á denuncia da plantilla de traballador@s da CRTVG contra a manipulación informativa a través dun manifesto avalado polas sinaturas de 345 profesionais, o futuro da RTVG, manifestou, é a degradación á que vostedes someten estes medios para xustificar o seu peche.
Por certo, engadiu, a Radio televisión galega tampouco informou dos pagos do Partido popular de Galiza a empresas da trama Gürtell.Vostede xa non pode escudarse en que non era militante do PP e non coñecía a Pablo Crespo, condluíu.