Jorquera acusa a Feijóo de liderar a venda de Galiza por parcelas
O deputado afirma que non hai país con futuro sen preservar a súa base económica, un forte tecido empresarial e institucións financeiras propias
O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera formulou hoxe a pregunta ao Presidente da Xunta acusándoo de liderar a venda de Galiza por parcelas tras múltiples operacións erráticas do Goberno galego nos ámbitos da industria e o sistema financeiro.
Unión Fenosa, R, Azkar e outras moitas empresas, dixo foron mercadas por capital foráneo e agora todo indica que tamén Pescanova correrá a mesma sorte.
Mentres isto acontece, explicou, o Banco Pastor pasou a mans do Banco Popular, o Echevarria foi mercado polo banco venezolano Banesco, o Banco Galego polo Sabadell e Novagalicia Banco a piques de seren absorbido por un grupo de recoñecida solvencia.
Por se ten algunha dúbida, dixo, o informe encargado polo FROB á Consultora McKinsey conclúe que o futuro da caixa galega é a súa venda.
A descapitalización de Galiza é consecuencia da ausencia política, económica e industrial de Feijóo
O portavoz do grupo parlamentario afirmou que Galiza non pode ter futuro se non preserva a súa base económica, un forte tecido empresarial autóctono e institucións financeiras propias
O deputado acusou ao Presidente da Xunta de levar a Galiza a un proceso de deconstrución e venda por parcelas a capitais foráneos, o seu goberno, manifestou, subvencionou a deslocalización de empresas radicadas en Galiza e vostede, e vostede non viaxou a México a buscar novos contratos para o naval, vostede, viaxou a México pra fuxir da negra sombra de Marcial Dorado.
Viaxe a México para actuar de Broker e fuxir da sonbra de Marcial Dorado
Jorquera criticou que a recente viaxe do Presidente da Xunta ao país azteca serva para vender os estaleiros galegos a Pemex e amosou varios exemplares da prensa mexicana sobre a compra de Barreras da que se publicou que o obxectivo de Pemex... é transferir a medio prazo o coñecemento tecnolóxico de Barreras...e o seu traslado a cidade del Carme para iniciar a transferencia tecnolóxica completa.
Neste sentido, acusou ao Presidente da Xunta de actuar como un Broker e non ter escrúpulos para que unha empresa mexicana adquira a prezo de ganga os nosos estaleiros.
Feijóo cabalo de Troia para Galiza
O parlamentario asegurou que dende que Núñez Feijóo goberna, Galiza é máis feble economicamente, inxusta socialmente e máis dependente.
Jorquera tamén se referiu ao traslado do servizo de atención ao cliente de Gas Natural a Catalunya que provocará a destrución de 150 postos de traballo en Galiza e os peches definitivos do Grupo San Luís e Darty, a vostede,dixo, isto parécelle normal porque actua como o cabalo de Troia en Galiza,concluíu.
.