Guillerme sobre a paga extra: "Que persigan a Rajoy e Feijóo, que son os que a roubaron"
Non sei se hai que perseguir aos alcaldes que pagan a extra aos seus funcionarios ou a Rajoy e Feijóo por roubárenlla. Ese é o debate que debería estar na sociedade, afirmou Guillerme.
O portavoz nacional do BNG espetou que o Goberno que faga o que queira, pero hai medidas que son inxustas, inútiles e que non se deben permitir na medida que un poida, e o BNG até onde poida non o vai permitir.
Guillerme denunciou que a obriga do Goberno é non seguir saqueando a xente para seguir cebando á banca, que é o que están facendo, e polo tanto, non seguir quitándolle pagas extras aos traballadores públicos para seguir engordando aos Botíns e compañía e para que todo vaia a peor, o comercio peche e o paro aumente.
Uns temos que cumprir e os demáis que persigan aos que cumprimos, sentenciou.
http://youtu.be/-WiaLzGflXU