Guillerme: "Un goberno que permite a estafa das preferentes non debería durmir tranquilo"
Guillerme transmitiulles o total apoio do BNG á súa xusta demanda de recuperar íntegramente os seus aforros, sen quitas.
En declaracións aos medios, afirmou que se hai vítimas do terrorismo, estas persoas son vítimas do terrorismo bancario e da complicidade dos gobernos. Denunciou que é inmoral que un goberno permita que se lle roube o aforro de toda a vida a persoas humildes e traballadoras.
E é que para o portavoz nacional do BNG se hai miles de millóns de euros para a banca, ten que haber devolución íntegra dos cartos a estes estafados.
Neste sentido, Guillerme dixo que non sei se ninguén nun goberno que permite o roubo do aforro de xente traballadora e humilde pode durmir tranquilo.
Polo tanto -concluíu- , máis unha vez, o BNG esixe unha solución que só pode pasar pola devolución íntegra dos aforros destas persoas.