GUILLERME AFIRMA QUE HAI QUE CASTIGAR A "CORRUPTOS E REXENERAR A DEMOCRACIA"

O portavoz nacional do BNG referiuse á mocion de Vimianzo como "a moción da corrupción, é inxustificábel" e chamou a PP e PsdG a actuar con contundencia "máis ala de declaracións para a galeria"

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, afirmou este mediodía na Alameda de Compostela que xa é hora e castigar a corruptos e corrompidos e proceder á rexeneración do sistema.

Vázquez participou na manifestación organizada por diversas organizacions, entre elas o BNG, en protesta pola corrupción e contra as políticas do PP. "Estamos aqui para expresar que estamos fartos e fartas de corrupción, que estamos cansos desta élite económicca e política que só persegue saquear as clases populares".

O portavoz do BNG sinalou que "até aqui chegamos. E non só é preciso castigar duramente a corruptos e corrompidos, senón que é necesario proceder á rexeneración democrática do sistema político no que estamos instalados".

Para Guillerme Vázquez é o momento de adoptar outra direccion, de camiñar "nunha dirección diferente".

Tamén se referiu á moción de censura pactada e plantexada en Vimianzo por concelleiros e concelleiras do PSdG e do PP para sinalar que "non o vou poder expresar mellor que o propio alcalde, Manuel Antelo, é unha moción de corrupción, unha moción inxustificábel e agardamos que as forzas que as están apoiando, máis alá de declaracións para a galería, adopten medidas contundentes opoñéndose con rotundidad á unha moción que non hai por onde collela".