Davila acusa a Almunia de "non facer nada para salvar ao naval" e de "sinvergüencería"
Joaquín Almunia pronunciou hoxe unha conferencia en Madrid onde afirmou que non hai nada que facer sobre a o tema do Tax Lease anterior, e engadiu que a devolución será a cargo de inversores e armadores. A decisión definitiva da que depende o futuro do sector naval galego e do estado,adoptaráse o vindeiro 17 de xullo en Bruxelas.
O do Señor Almunia é unha tomadura de pelo a todo o sector naval
En declaracións aos medios de comunicación nos corredores do Congreso, Davila afirmou que as declaracións de Almunia de hoxe son dunha sinverguencería subida de tón. Afirmar que non serán os estaleiros os que terán que devoltar as axudas senón os armadores que mercaron os buques e os inversores, é unha auténtica tomadura de pelo a todo o sector naval.
A deputada do BNG sinalou que despois de tantos meses nos que o Señor Almunia non fixo ningunha xestión para salvar o escollo do Tax Lease anterior e que o sector naval poida construir buques. É lamentábel o que está a dicer o Señor Almunia. Este señor terá que explicar por que se fai unha investigación tan rigurosa e existe esta posición cerril co sector naval do Estado español, mentras non existe esta actitude en relación ás medidas fiscais para o naval que se dan en estados como Franza e Holanda.
Por que PSOE e PP non unen forzas para defender ao naval galego?
Neste sentido, preguntouse por que o Goberno español non denuncia a estes estados da UE como outros fixeron co estado español?. Lembrou que o BNG presentou no Congreso solicitudes ao Goberno español para que denuncie a estes estados porque é unha vergoñanza que se actúe con tanta lixeireza e se utilice ao naval galego e español como chivo expiatorio.
Subliñou Davila que están en xogo 80.000 postos de traballo, 10.000 deles na Ría de Vigo. Con isto sobre a mesa, non é ningunha brincadeira que se fagan declaracións tan absurdas con tanta alegría.
A deputada do BNG dirixiuse ao PSOE e ao PP para instalos a que unan forzas para defender ao sector naval e ante a decisión arbitraria da Comisión da Competencia. Non poden continuar dicindo que é cousa da Comisión. O Goberno de Rajoy ten que actuar e ten que se pór firme ante unha decisión arbitraria. Ademáis, chamou ao PSOE a facer algo porque ao fin e ao cabo o Señor Almunia é militante socialista.