O BNG solicita unha reunión a PP e PSOE para acordar os termos dos debates eleitorais

A directora de campaña do BNG, Montse Prado, remitiulle esta mañá senllas cartas aos directores de campaña do PP e do PSOE, Alfonso Rueda e Pablo García, para propoñerlles unha reunión na que se acorden os termos nos que se celebrarán os debates eleitorais entre os respectivos candidatos.

Así o anunciou esta mañá en rolda de prensa a deputada do BNG, Carme Adán, quen afirmou que “a vontade democrática debe levar a confrontar ideas e a debater sobre os temas que lle preocupan realmente aos galegos e galegas: a creación de emprego, a situación da sanidade pública ou a situación do ensino”.

Carme Adán, puxo de manifesto que “BNG sempre demandou ter debates, e ter debates nos medios públicos, porque os medios públicos deben estar ao servizo da cidadanía, que sirvan para mostrar as ideas e propostas que defenden as formacións políticas”.

Na misiva, a directora de campaña do BNG salienta que “o BNG acudirá a este reunión sen establecermos de entrada ningún tipo de condición previa e co ánimo de estudarmos calquera fórmula que se plantexe, pondo sempre por diante a salvagarda do dereito dos cidadáns a veren os candidatos debater”.

 

ADXUNTAMOS COPIA DAS CARTAS: