O BNG pide que se reuna a Deputación Permanente para que compareza Feijóo polos incendios

O Grupo parlamentario do BNG solicita un pleno extraordinario coa comparecencia do Presidente da Xunta para informar da vaga de incendios forestais en Galiza rexistrados neste verán

 

Ante a grave situación provocada polos incendios rexistrados nos último días en varias provincias galegas e durante o que vai de verán, o Grupo parlamentario solicita a convocatoria urxente da Deputación Permanente para a celebración dunha sesión extraordinaria do Pleno con un único punto: “A comparecencia urxente do Presidente da Xunta de Galiza” para informar da vaga de incendios forestais acontecidos neste verán e as súas consecuencias.