O BNG oponse no Congreso ao Tratado neoliberal da UE apoiado por PP-PSOE
Jorquera afirmou que os contidos do Tratado son unha nova volta de torca no dogmatismo, masoquista e suicida que rixe a orientación das políticas económicas de Europa. E cargou contra o PP e o PSOE por ter reformado a Constitución seguindo a mesma obsesión polo défice fixeron unha reforma exprés da Consitución. Unha reforma pactada con nocturnidade e alevosía polo PP e o PSOE, furtando o debate á sociedade. Un PP e un PSOE que hoxe unen de novo os seus votos para aprobar este Tratado.
Criticou as políticas de consolidación fiscal da UE que só están a servir para agravar a crise e situarnos ao borde do desastre. Ademáis, reprochou que se use a crise para desmantelar o modelo de Estado de Benestar e empobrecer ás maiorías sociais. Unha ideoloxía que se sirve da crise como pretexto para instaurar unha especie de Cuarto Reich en Europa, sometida ao dominio de Alemaña.
E todo, recalcou, coa anuencia do Goberno. Sinalou que a solicitude de 100.000 millóns para sanear o sector financeiro deixa claro que a causa da crise é financeira.
Críticas á suspensión do Debate de Política Xeral: Rajoy fuxe
Puxo en evidencia as contradicións do Goberno: o relato do Goberno fai augas por todas partes. Dicían que o problema era que se precisaba un Goberno que inspirase confianza, pero cambiou o Goberno e a prima de risco continuou subindo. Dixeron que non se fixeran reformas estructurais, máis as fixeron e a prima de risco seguiu subindo. Afirmaban que o problema estaba nas dúbidas sobre a solvencia da banca, e o Presidente do Goberno dixo ter presionado para lograr un préstamo ventaxoso.
Aliviado tivo tempo de ir ver á Roja a Polonia, máis a prima de risco seguiu subindo. Por último, dixeron que o problema estaba na incerteza sobre a continuidade de Grecia no euro. Celebráronse as eleccións e gañaron os títeres de Merkel, pero a prima de risco seguiu subindo.
En Grecia gañaron os títeres de Merkel, pero a prima de risco continuou a subir
Jorquera preguntou ao Ministro de Exteriores que ten que suceder para que comprendan cal é o verdadeiro problema?. Demandou un xiro de 180 graos. Pediu políticas de estímulo, e outro papel do BCE.Tamén puxo de manifesto que este Tratado contén compromisos en materia orzamentaria a día de hoxe imposíbeis de cumprir. Como poden enganarse a sí mesmos e enganar a toda a sociedade?.
Por último, o portavoz do BNG manifestou a necesidade de afortalar a democracia: consultando á sociedade, revitalizando o Parlamento e dialogando con todos os partidos en lugar de gobernar a golpe de decreto. Criticou asemade a negativa do Goberno a celebrar neste ano o Debate de Política Xeral, reprochando a Rajoy que eluda o Parlamento.