O BNG cos traballadores de Alcoa en defensa dunha tarifa eléctrica galega
Jorquera fixo esta proposta en declaracións aos medios durante a concentración de traballadores de Alcoa ante a Consellería de Industria, convencido de que nun contexto de crise como o actual Galiza non se pode permitir o luxo de perder unha empresa coma esta, que é sostén da economía da comarca da Mariña e que tamén en Coruña dá traballo a 500 persoas, entre emprego directo e inducido.
Galiza non pode permitirse o luxo de perder Alcoa, que por si mesma representa o 30 por cento do PIB da provincia de Lugo
O candidato nacionalista lembrou que, por si mesma, Alcoa representa o 30 por cento do PIB da provincia de Lugo e preguntou como é posíbel que un país como Galiza, que é o segundo productor eléctrico do Estado e que é excedentario nesta enerxía non poida deseñar a súa propria política tarifaria.
O que está acontencendo en Alcoa -dixo- é a consecuencia de termos un goberno galego carente de política industrial durante estes case catro anos e un goberno central cunha política tarifaria totalmente perxudicial para Galiza.
Jorquera explicou que para o BNG é evidente que Alcoa ten que ter unha tarifa acorde coa súa condición de grande consumidora eléctrica, unha tarifa de longa duración e unha política que recoñeza a nosa especialización productiva que favoreza a consolidación das empresas existentes e a localización doutras novas.
http://youtu.be/VsyJC9cO2Lk