O BNG borrado dos informativos da TVG pola Xunta Electoral Central. 103.274 galeg@s silenciad@s
Con esta decisión, a Xunta Electoral Central amordaza definitivamente ao Bloque Nacionalista Galego e silencia tamén aos 103.724 galegos e galegas que votaron esta opción política nos comicios europeos de 2009, argumentando que eses sufraxios non deben ser tidos en conta debido ao cambio de coalición electoral e, a efectos de cobertura informativa nos medios públicos, o BNG debe recibir o mesmo trato que se nunca se tivese presentado.
Sen embargo, as formacións ERC, Aralar e EA, socios do BNG la coalición coa que se presentou en 2009 ás europeas,- contabilizan os votos obtidos nos seus respectivos territorios e, por tanto, teñen a cobertura que lles corresponde nos medios públicos de Catalunya e Euskadi.
A supresión do BNG dos informativos dos medios públicos galegos súmase á outra decisión do XEC na que tamén se discrimina a candidatura que encabeza Ana Miranda nos espazos electorais gratuítos da RTVG, onde recibe 10 minutos, fronte aos 15 minutos de UpyD, pese a que a formación de Rosa Díez con 14.428 votos (1,24%), é irrelevante en Galiza desde o punto de vista do apoio social.
O BNG xa anuncia accións legais e mañá realizará un acto de protesta na praza do Obradoiro en Santiago de Compostela.