Acabouse o caciquismo na Deputación de Pontevedra
O Bloque reivindica cun acto político o traballo da equipa de goberno nacionalista, que abriu ás porta e puxo a institución ao servizo da maioría social
Quero, en nome do BNG, parabenizar aos compañeiros e compañeiras Cesar Mosquera, Eva Villaverde, Uxío Benítez e Xosé Leal por abrir as portas e ventás da deputación e facer que nos sintamos orgullosos e orgullosas do labor que están facendo, salientou a dirixente nacionalista.
Nun acto que contou coa presenza de alcaldes, alcaldesas, cargos municipais, responsables políticos, militantes e simpatizantes de toda a comarca, Pontón lanzou unha mensaxe a Feijóo: o BNG non se arruga ante ameazas e vai desterrar o caciquismo da Deputación de Pontevedra.
Queremos dicir dúas cousas moi claras. A primeira é que non nos van a calar nin a intimidar, que o BNG non se vai arrugar por moitas prácticas mafiosas que se fagan. Y en segundo lugar, que acabamos co caciquismo na Deputación de Pontevedra péselle a quen lle pese, péselle ao PP, a Rueda ou a Feijóo. Para iso serve o labor do BNG nas institucións, recalcou.
Tras un ano de co goberno co PSdG, a institución deixou de estar ao servizo do PP para converterse nunha entidade que trata por igual a todos os veciños e veciñas e a todos os concellos, ao tempo que se democratizou o seu funcionamento. Demostramos que o Bloque cando goberna faino a favor do interese xeral e non para manter os privilexios e as previndas dunha minoría, explicou Pontón, e neste contexto se explica a campaña contra os deputados nacionalistas.
No acto de reivindicación e apoio ao traballo do BNG na Deputación, o cabeza de lista por Pontevedra ás eleccións do 26X, Luís Bará, e o vicepresidente da entidade, Cesar Mosquera, coincidiron en subliñar que ninguén vai frear unha maneira de gobernar para a maioría social e en detrimento dos privilexios dunha minoría, por moito que se instigue desde o PP.