#14N : O BNG chama a unha participación masiva para parar o saqueo do pobo

O BNG fai un chamamento á sociedade galega a unha participación masiva na folga xeral convocada para este mércores #14N.

Fronte á resignación e á pasividade, o BNG fai un chamamento a unha rebelición cívica contra un goberno do PP que está a saquear ao pobo para beneficiar aos bancos. As conscuencias destas políticas están á vista: máis paro, emigración, empobrecemento da amplas capas da poboación, desafiuzamentos e destrución da economía produtiva.

Por iso, é preciso que todos e todas saiamos á rúa para dicir que xa abonda de inxustiza, para berrar alto e forte que o pobo é quen máis ordena, e que na Galiza precisamos soberanía para poder saír da crise, para poder vivir dignamente na nosa Terra.

O portavoz nacional acudirá á manifestación de Vigo

O portavoz nacional do BN,G Guillerme Vázquez, participará na de Vigo. As e os representantes institucionais e orgánicos do BNG tamén apoiarán esta xornada de mobilización. O portavoz do grupo parlamentar, Francisco Jorquera, estará na de Coruña.

Horarios e lugares de saída e remate das manifestacións:

-Vigo: ás 11:30 horas, desde a Praza de España, até a Praza de América.

-Pontevedra: ás 12:30 h, desde a Praza da Ferrería, até a Subdelegación do Goberno.

-Vilagarcía: ás 12:00 horas, desde a Casa do Mar até a Praza Ravella

-Ourense: ás 12:00 horas, desde o Pavillón dos Remedios até a Subdelegación do Goberno.

-Compostela: ás 12:00 h, desde a Praza Roxa.

-Lugo: ás 12:00 horas, desde a Casa Sindical, na Ronda da Muralla, até a Praza de Santa María.

-A Coruña: ás 12:00 horas, desde a Praza da Palloza até a Praza de María Pita.

-Ferrol: ás 12:00 horas, desde a Praza do Inferniño até a Praza de Armas.

-Burela: ás 12:00 horas, desde a Estación de Servizo Vista Alegre, até a Praza do Concello

-Riberia: ás 12:00 horas, desde a Estación de Autobuses até a Praza do Concello.

-Monforte: ás 19:30 horas, desde a Praza de España até a Praza da Estación.

-O Barco de Valdeorras: ás 12:00 horas concentración na Praza do Concello.

 

Máis información:

http://folgaxeral.galizacig.com