Sanidade responde ao BNG que os informes da Comisión de Bioética son "internos"

Montse Prado

Montse Prado preguntou ao Goberno pola dimisión de 9 membros da Comisión de Bioética que denunciaron falta de independencia para realizar os seu labor

Montse Prado na Comisión de Sanidade

A deputada do BNG, Montse Prado formulou hoxe unha pregunta na comisión de Sanidade relativa a situación “anómala” suscitada na Comisión Galega de Bioética tras a dimisión de 9 dos seus membros despois de que a Consellería de Sanidade impedira a publicación do informe sobre desigualdades na asistencia sanitaria.

Prado rexeitou as explicacións do Xerente do SERGAS, Antonio Fernández Campa que cualificou de “normal” o acontecido na Comisión. Para a deputada, non existe tal normalidade e polo contrario “saltaron as alarmas” cando a propia consellería é a que impide que os membros deste órgano traballen con independencia para asesorar e orientar ao Servizo Galego de Saúde emitindo informes sobre cuestións de bioética que logo non poden ser publicados.

Un dos membros dimitidos, explicou, publicou a súa opinión nun medio de comunicación e a Consellería permaneceu en silencio para despois “minimizar o problema” asegurando que o informe tiña “carácter interno” e no resultaba importante a súa publicación.

Asusta, dixo, que este sexa o proceder da consellería á hora de tratar os temas importantes e cuestionou que a persoa encargada de responder á pregunta do BNG fose o Xerente do Sergas en vez do director xeral, Félix Rubial, aínda que a razón pode ser, dixo que mantén unha opinión sesgada sobre esta cuestión” como xa demostrou ante a comisión.DSC_1059

Pola súa parte, o xerente do Sergas afirmou que non existe a obriga de publicar os informes ao que a deputada replicou que “todos os anteriores foron publicados”. Os membros da comisión, engadiu, afirmaron que “estaba ferida de morte” non é independente, o malestar e unánime e poñen cortapisas á liberdade de discusión.

A deputada concluíu a súa intervención aseverando que a dimisión dos membros da comisión, “da para pensar” polo que reclamou un cambio de liña política na consellería para que prime “a liberdade e independencia” e que a publicidade dos documentos da comisión non se vexan suxeitos ao “arbítreo” da autoridade administrativa porque “pode gustarlle menos ou máis” pero non é dona das reflexións da comisión nin pensar que está ao seu servizo.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG