Tarifa eléctrica galega, urxencia de país para familias e empresas dunha Galiza potencia enerxética

Xornadas BNG espolio enerxético de Galiza

Xornadas BNG espolio enerxético de Galiza

Xornadas BNG espolio enerxético de Galiza

Xornadas BNG espolio enerxético de Galiza

Máis calidade de vida para as familias e máis competitividade para as empresas do país, sería o resultado de contar cunha tarifa eléctrica galega tendo en conta que Galiza exporta o 40% da enerxía que produce.

Na xornada sobre o sector enerxético organizada polo Bloque, o portavoz nacional, Xavier Vence, subliñaba o contrasentido de que o país non obteña beneficio algún de ser unha potencia excedentaria de enerxía.

“O punto de partido é que o custe da factura enerxética resulta clave tanto para a calidade de vida das familias como para a competitividade das empresas, hoxe temos no país moitas familias que destinan máis do 10% a pagar a factura da luz, e iso supón un problema moi grave que causa pobreza enerxética en 180.000 galegos e galegas. E, ao mesmo tempo, as empresas soportan unha tarifa eléctrica que é a terceira máis cara de toda a UE e merma a súa competitividade”, argumenta.

Con esta situación, o BNG considera vital para o país mudar o actual modelo e acadar unha tarifa eléctrica propia.

“É unha urxencia de país mudar o actual sistema eléctrico caro e insostible, deseñado para beneficiar aos grandes oligopolios e aos bancos e familias que están detrás deles, por un mercado eléctrico diferenciado por territorios, no que Galiza poda ter unha tarifa eléctrica propia”, explica Vence, tarifa “que suporía un aforro do 30% para empresas e familias como corresponde ao que somos, produtores excedentarios, onden non temos custes de transporte (peaxes) e, ademais, onde temos unha parte significativa da produción a través de enerxía renovables que son máis baratas”.

O Bloque denuncia que o actual modelo está deseñado a beneficio doutros territorios, Madrid en particular, e das grandes empresas do sector,- Iberdrola, Endesa e Gas Natural-, que en 2012 obtiveron uns beneficios de 32.000 millóns de euros, superando o denominado “déficit tarifario” que reclaman, cifrado entre 28.000 e 35.000 millóns de euros.

Igualmente, o BNG abordou durante a xornada as novas fórmulas de organización de consumidores para afrontar as dificultades derivadas do alto prezo da factura da luz, entre eles as cooperativas de consumidores frenadas pola actual normativa pese a ser unha modalidade moi extendida noutros estados da UE como Dinamarca.

 A xornada nacional de reflexión sobre o espolio enerxético de Galiza estivo estruturada arredor de tres mesas de debate.

1.- O sistema eléctrico: alternativas desde Galiza

Aleixo Vilas, coordinador grupo de traballo de enerxía do BNG

Fernando Branco, secretario de enerxía da federación de industria da CIG

2.- Por unha experiencia democrática

Presentación de Generosa Gey Piñeiro (A Nosa Enerxía)

Alternativas ante o recibo da luz. Xosé Manuel Golpe (consultor enerxético)

Autoconsumo, a alternativa freada. Oscar Nogueria (AGAEN)

Experiencias de cooperativismo. Pablo Álvarez (A Nosa Enerxía)

3.- Galiza produce, quen se beneficia?

Carme Adán, deputada do BNG

Xavier Vence, portavoz nacional.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG