O BNG participa en Tinduf na conmemoración do 40 Aniversario da Frente Polisario

O Secretario de Iniciativas Políticas do BNG, Néstor Rego, viaxou en representación do BNG aos campamentos de refuxiados saharauis en Tinduf, no Sáhara Occidental, para participar nos actos de conmemoración dos 40 anos da fundación da Frente Polisario que se celebran esta desde hoxe e durante toda a fin de semana.

Néstor Rego expresou o apoio do BNG á independencia do Sáhara Occidental e denunciou a “ocupación marroquí do Sáhara Occidental e a pasividade da comunidade internacional ante un problema que leva décadas pendente de resolución:” Ademáis, censurou a “sistemática vulneración dos dereitos humanos por parte de Marrocos nos territorios ocupados nos que practica políticas represivas e anti democráticas”.

O Secretario de Iniciativas Políticas do BNG salienta que a celebración do 40 Aniversario prodúcese “cando no Sáhara ocupado se están a realizar as maiores manifestacións e protestas do pobo saharaui en contra da ocupación marroquina. E iso sucede a pesar da brutal represión que exercen as autoridades de Marrocos”.

O BNG apoia a independencia do pobo saharaui

Rego trasladará ás autoridades saharauis o “total apoio e solidariedade do BNG no camiño de lograr a independencia nacional do pobo saharaui e o recoñecemento da República Árabe Saharaui Democrática”. Admáis, deixará claro o compromiso do nacionalismo galego coa causa saharaui e ofrecerá o “total dispór do BNG a presentar todas as iniciativas posíbeis ante o Goberno español, tal e como vimos facendo no Congreso dos Deputados coas últimas preguntas parlamentares”.

O responsábel do BNG reprocha ao Goberno español “a súa pasividade e desentendemento dun conflicto do que é particularmente responsábel, te nunha grande responsabilidade histórica na entrega do Sáhara a Marrocos, por iso se debe implicar”. Puxo de manifesto que o BNG asinou a Declaración conxunta 40 Aniversario da Frente Polisario, promovida pola Coordenadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sáhara (CEAS), que reclama ao Goberno español que:

1.- Promova todas as iniciativas políticas necesarias, encamiñadas a lograr unha solución xusta e definitiva, en defensa do lexítimo dereito do pobo saharaui á súa autodeterminación, mediante un referéndum libre e regular, como paso final do proceso de descolonización inacabado.

2.- Outorgue un estatus diplomático á Representación da Frente Polisario no Estado español, como único e lexítimo representante do Pobo Saharaui, así recoñecido por la ONU.

3.- Exixa ao Gobierno do Reino de Marrocos la liberación de todos os presos políticos, o cesamento dla violación sistemática dos dereitos humanos, a anulación dos xuízoss contra cidadáns e cidadáss saharauis e o libre acceso dos observadores, prensa e organismos humanitarios ao territorio do Sahara Occidental ocupado.

4.-Promova no Consello de seguranza da ONU, a incorporación no mandato da MINURSO da potestade de salvagardar os dereitos humanos no Territorio mentres non se resolva de maneira xusta e definitiva o conflito.

5.- Intensifique e amplíe a cooperación humanitaria coa populación saharaui refuxiada, obrigación moral indiscutíbel e irrenunciábel dada a especial responsabilidade histórica na orixe do conflito.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG