Ana Pontón pide cambiar a Lei de Augas por “recadatoria e abusiva”

Defendeu modificar unha Lei que “ incumpre os principios tributarios” e representa un “novo imposto” para as familias

Intervención de Ana Pontón na sesión plenaria

Pleno- A Proposición de lei do BNG,defendida hoxe pola deputada Ana Pontón, para modificar a Lei de Augas de Galiza foi rexeitada polo Partido popular para a súa toma en consideración.

A parlamentaria afirmou que “a auga é un servizo público que debe garantirse ao cen por cen da poboación” e non representar “un novo abuso” para as familias.Neste sentido, pediu a supresión da suba do canon da auga e coeficiente de vertedura e considerou que unha Lei que non grava aos que máis consumen é “inxusta e discriminatoria”.

Os impostos na auga, lixo, sanidade e educación están a saquear a tod@s os galeg@s

A deputada denunciou os repagos en Educación e Sanidade aos que agora, dixo, haberá que sumar o canon da auga , nun 30% segundo a previsión do goberno, e o incremento do 34% da taxa de Sogama.

“Os gobernos do Partido popular subiron de maneira abusiva os impostos mentres baixaron o salario” e denunciou que dende a entrada en vigor da lei, “os galegos e galegas pagan unha media entre un 7 e un 20% máis” polo recibo da auga mentres as grandes empresas “obteñen bonificacións”.

Pontón incrementou as súas críticas na quenda de replica ao asegurar que a Lei precisa “dun cambio radical” xa que dende hai tres anos unicamente introduciu un cambio, “o impositivo” sobre un ben básico, a auga.

A modificación que propoñemos dende o BNG, manifestou, debe superar “a visión mercantilista e frear os procesos de privatización cunha regulación axeitada para todos os usos da auga”.

O PP négase a modificar a Lei de Augas e o coeficiente de vertido

Pontón, tras agradecer o apoio de PSdeG e AGE lamentou o voto desfavorable do Partido popular que imposibilita o cambio da lei e a revisión “dunha fiscalidade inxusta aplicada no canon” á que sumou o coeficiente de vertido.

Vostedes comezaron co canon da auga para continuar co incremento da factura no lixo e neste País, dixo, estamos nunha situación dramática na que moitas persoas non teñen para comer e vostedes, “están a saquealos pola vía de impostos”.

O BNG, ten alternativas en materia de xestión de auga e non é preciso ir a sistemas máis caros en saneamento e depuración, hai alternativas que funcionan en Europa que teñen a ver cos sistemas de depuración pero o Partido popular empeñase en construír máis e máis depuradoras que logo os concellos non poden manter.2 (2)

Temos propostas para non “saquear aos de abaixo” gravando as rendas máis altas do IRPF e ás empresas contaminantes, “e non rebaixas fiscais” como no caso de ENCE.

A deputada estendeu a recadación de impostos á banca e grandes superficies comerciais, o que discutimos hoxe, reiterou, é a fiscalidade inxusta” sobre un ben básico, a auga que os galegos e galegas pagamos máis cara dende que vostedes chegaron ao Goberno.

Porto do Son 1916: “Historia dunha infamia”.

Na súa intervención, a nacionalista amosou o libro de Xerardo Díaz Fernández, “Historia dunha infamia” sobre o acontecido na parroquia de Nebra, concello de Porto do Son, no ano 1916.

O texto narra como un concello aplicou impostos abusivos que veciños e veciñas deciden non pagar e opoñéndose a seren embargados.

O 6 de outubro acontece a traxedia de Nebra na que a Garda Civil agrede a súa poboación na que morren catro mulleres e un home, isto, non foi unha excepción en Galiza xa que moitas foron as revoltas contra os tributos.

A deputada lembrou que estas mortes “sacudiron as conciencias dos traballadores e traballadoras, sobre todo nas bisbarras rurais onde o agrarismo creceu dunha maneira alarmante para o Goberno xerando moitos focos de loita...os mortos que descansen en paz e os vivos que coman broa se poden”, esta, dixo, tamén é a receita do Partido popular no Estado e en Galiza”. Hai un paralelismo, explicou, entre o acontecido en Nebra e a realidade que estamos a vivir hoxe, cen anos despois, “a aplicación de tributos inxustos”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG