O BNG solicita que Rajoy compareza nun pleno monográfico sobre o escándalo do "Caso Bárcenas"

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, solicitou a comparecencia do Presidente do Goberno nun pleno estraordinario e monográfico para que explique a presunta implicación de membros do Goberno e do propio Presidente no coñecido como “caso Bárcenas”.

O BNG considera que dada a gravedade da trama de corrupción do denominado “Caso Gürtel” e as informacións publicadas a raiz do “Caso Bárcenas” no que aparecen os nomes de destacados dirixentes do partido que sustenta ao Goberno, de membros do propio Executivo e incluso a mención ao Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, “debería convocarse un Pleno estraordinario e monográfico para que Rajoy se someta ao control de todos os grupos parlamentares da Cámara”.

Davila afirma que o Presidente do Goberno debe acudir á sede parlamentar, “sen limitarse a escuetas roldas de prensa que nada clarifican. Debe explicar a relación de dito caso coa amnistía fiscal aprobada polo Executivo, a situación e la presunta implicación de membros do Goberno, incluido el mesmo. Debe contestar a unha serie de interrogantes, debe pasar polo control do Congreso con luz e taquígrafos”.

“Non valen os actos de fe”

A portavoz do BNG sinala que “a súa comparecencia ante os medios o sábado foi un acto de fe. Pretende que nos creamos sen máis as súas palabras, que acreditemos a teoría da conspiración na que se basea o PP, e que ante todo, confiemos na frase máis utilizada polo Presidente: “é falso”.

Para Davila “comparecer na Cámara é o acto democrático máis ssaudábel, e precisamente, se nada ten que ocultar, se todo é unha montaxe, se ten a súa conciencia moi tranquila, pois non terá ningún problema en acudir ao Congreso a dar as explicacións pertinentes e respostar ás cuestións que lle poidamos formular. Nese caso, contribuirá a rebaixar a alarma social xerada polo coñecemento público de toda esta trama de corrupción”.

A portavoz do BNG no Congreso afirma que “o feito de que cada día nos almorcemos con cumprida información da enorme trama corrupta do “Caso Bárcenas”, está asentando aa imaxe dun Goberno tocado na súa lexitimidade, desacreditado e moi cuestionado pola cidadanía. O máis recomendábel desde o noso punto de vista é que Rajoy veña e fales en limitacións, ademáis de que siga o curso das investigacións xudiciais, claro está”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG